Bueno, pois xa está, a escribir a primeira entrada. O certo é que tratándose dun blog personal, pensei en poñelo baixo algún dos dominios que teño comprados, pero claro, gracias á “intimidade” que da o whois e que calquera poda ver os datos completos do dono, pois non me faría moita graza que a alguén que non lle gustara algún dos meus comentarios viñera a miña casa a axustar contas…
Outra das peculiaridades deste blog é que vai estar escrito en galego. Non é que sexa unha lingua moi predominante en Internet, pero bueno é a miña lingua e como este é un blog persoal, pois xa está, non hai máis volta de folla.
A pesar da miña formación (ou precisamente por iso), Internet non me inspira confianza de modo que evitarei alusións a cousas persoais (exceptuando opinións por suposto) para tratar de permanecer no anonimato ante personas descoñecidas. Ésta é unha práctica que case sempre levo a cabo cando me rexistro nos sitios: poñer sempre que sexa posible datos falsos. Sempre existen excepcións, como eBay, Paypal, rexistros de dominios…, pero para o resto sempre usar un nick e datos inventados.
En realidade non sei como moita xente usa o seu nome real tan alegremente, incluso no propio nome para o correo (nombre.apelido1.apelido2@correo.es). So pensar en que alguén usurpe a túa identidade e use o correo para fins pouco lícitos co teu nome completo (ante un xuíz ten que ter bastante peso)… Como mínimo (se é algo serio) poñer a inicial do nome e o apelido que nunca é tan vinculante (napelido1@correo.es). E dos contrasinais mellor non falar. En realidade crear un bo contrasinal non é tan difícil se pensas nas iniciais dunha frase que che guste moito (dunha canción por exemplo). Así, un contrasinal como “e1pmn1abes” que parece tan complexo non é máis que “En 1 País Multicolor Nació 1 Abeja Bajo El Sol”.
Ale, e por hoxe xa é suficiente… (como me gusta acabar as frases con puntos suspensivos…)
P/D: A traducción a galego deste WordPress deixa moito que desexar… Unha porque a metade das cousas están en inglés, e outra por cousas como a traducción de Blogroll por “Blogomillo”¿?