De todo, absolutamente de todo hai en DealExtreme (http://www.dealextreme.com), un portal con sede en Hong Kong adicado a vender “cool gadgets” clasificados por seccións (Ordenadores, Electrónica, Accesorios para coche, Hobbies e xoguetes, Móbiles, Videoxogos, Lámparas, iPod, Menaxe do Fogar, Oficina…) no que podes atopar miles de productos MOI BARATOS e sobre todo SEN GASTOS DE ENVÍO. Podería parecer que hai gato encerrado, pero non, teño constancia de que os productos chegan sen ningún problema ó seu destino e incluso envían un correo para preguntarte se quedaches satisfeito co envío. Agora que está tan baixo o dolar, vou aproveitar para facer un pedido… (É vicioso o portal
)
11 Marzo 2008 en 17:00 |
Pois eu probeino e funciona perfectamente. Non me cría o dos gastos de envío gratis a verdade, pero chegou todo en perfecto estado e sen ningún problema. De feito xa fixen máis pedidos.