Cometas en el cielo

Cometas en el cieloNon quería deixar pasar a oportunidade de comentar esta película que vin a semana pasada. Faláranme moi ben dela e quizáis por iso, por ter demasiadas espectativas, non me entusiasmou todo o que debera. Pero a película gustoume moito, o certo é que este tipo de películas que mostran culturas diferentes en xeral soen gustarme moito (pasárame con “Baran (Lluvia)” ou “Agua (Water)“). A historia está ben, comezando en Afganistán de nenos onde se ve unha miseria que semella un paraíso cando o protagonista decide volver despois de moitos anos a resolver un asunto moi transcendental para el e se atopa cun país en conflicto (gobernado por talibáns) totalmente destrozado. É unha pena que teña algunhas pinceladas de cine holywoodiense que na miña opinión desvirtúan un pouco a película, pero aínda así é unha película que vale a pena ver. Unha pena non poder vela no cine en versión orixinal.

Deixa un comentario