A triloxía de Bourne

Non quería deixar pasar a ocasión de comentar esta triloxía de acción que puiden ver de forma máis ou menos consecutiva. El caso Bourne empeza cun argumento que engancha, unha historia que recorda un pouco a Desfío Total, no sentido de que o personaxe principal trata de averiguar quen é e todo o rodea a súa persona. Penso que sempre é complicado manter unha liña constante cando se trata de segundas e terceiras partes (véxase Matrix), pero neste caso conseguiron non baixar demasiado o nivel.

Na segunda (El mito de Bourne), penso que debían explotar un pouco máis á compañeira de Bourne, pero bueno. E quizáis e última, El ultimátum de Bourne sexa a máis “fantasma”, pero bueno, imaxino que tiñan que sacar espectacularidade de algún lado unha vez que a trama xa estaba bastante masticada. Hai unha cousa que me gusta moito da triloxía e é a cantidade de países que se mostran, xa que se fai un percorrido turístico por moitas cidades europeas permitindo vislumbrar algo da súa cultura. Foi rodada nada menos que en sete países e 3 continentes, desde Londres a Nueva York, pasando por París, Madrid, Zurich, Tánxer, Moscú, Italia… (fíxome graza ver imaxes dunha persecución polas rúas de París onde aparecía o piso onde estiveramos de vacacións). Penso que é unha triloxía de acción non típica que non decepciona.

Deixa un comentario