La mitad siniestra

La mitad siniestra (The dark half)Outro libro de Stephen King acabado. A verdade é que enganchan, pero cando les moitos apetece cambiar un pouco de estilo… Este ó principio decepcionoume un pouco, parecía un pouco parado e sen demasiada chicha, pero a medida que ían avanzando os capítulos as cousas púxeronse cada vez máis e máis interesantes. A historia xira en torno a un escritor (Thad) que consegue alcanzar o seu máximo apoxeo baixo o pseudónimo de George Stark escribindo libros dun asasino chamado Alexis Machine onde non se escatima en detalles sobre os seus delitos. Pero alguén descubre que son a mesma persoa Stark e Thad, así que deciden dalo ca coñecer públicamente e celebrar un enterro simbólico por Stark ante os medios. Pouco despois do enterro simulado comeza a haber unha serie de asasinatos de persoas relacionadas con Thad e a súa profesión, ata que empezan a sospeitar de que a invención de Stark cobrou vida en algún momento e está vengándose dos que decidiron acabar con el. Thad, a súa esposa e os 2 xemelgos que teñen están en perigo, aínda que contan coa axuda do sheriff da zona (que non se acaba de crer o que está pasando) e duns animaliños moi singulares presentes durante toda a obra: os gorrións. Ó final temos unha especie de Dr. Jekyll e Mr. Hyde, xa que Stark está máis vinculado a Thad do que se podía imaxinar…

Deixa un comentario