Estou deixando pasar o tempo sen acordarme de comentar o último libro que acabei de ler. O título enseguida incita a pensar en “Ensaio sobre a cegueira“, pero cando empezas a lelo e ves que fala sobre un proceso electoral, describindo os distintos partidos políticos, a cousa non pinta moi ben. A dicir verdade ata se fai un pouco pesado. Pero continuar lendo ten premio, e dos gordos… En primeiro lugar sucede algo inverosímil, unha maioría aplastante dos votos da capital son en branco, así que deciden repetir as eleccións, aínda que obtendo exactamente o mesmo resultado. Enfadado, o goberno decide sitiar a cidade por medo a que se estenda esa especie de “virus”, así que a castigada poboación queda o seu libre albedrío, sen ningún tipo de autoridade que os controle. Pero curiosamente a vida segue o seu curso con total normalidade… ata que o goberno decide “escarmentalos” facendo algunhas actuacións indecentes para que reine o caos sen chegar a conseguilo. Ata aí un libro que incita á reflexión sobre a solidez do sistema democrático, pero a partir da metade do libro, descúbrese que estas eleccións teñen lugar 4 anos despois do acontecido en “Ensaio sobre a cegueira“. Parece ser que despois daquel suceso tan tráxico houbo un silencio total por parte de todos os afectados, que preferiron olvidar canto antes a desagradable experiencia. Pero o goberno entérase de que naqueles días houbo unha muller que non quedara cega e deciden investigala por temor a que estea relacionada de algunha maneira co voto en branco colectivo. É entón cando te vas enterando do que aconteceu despois do primeiro libro e empezas a relacionalo todo. A conclusión é que finalmente “Ensaio sobre a lucidez” convértese nunha especie de prólogo de “Ensaio sobre a cequeira” que vale a pena ler se che gustou moito (como a min). Iso si, non hai que olvidar que o libro ten un estilo de ensaio, con moitas partes nas que se lle dan voltas e voltas as cousas, ainda que co peculiar selo do maestro Saramago…