¡Pedazo de libro! Recomendáronmo e a verdade é que me encantou. Parece ser que o autor, Orson Scott Card, despois do éxito obtido, escribiu toda unha saga que por suposto espero poder ler. A historia está ambientada nun futuro no que a humanidade está atemorizada polos denominados insectores, unha raza de insectos intelixentes que atacaron a Terra en varias ocasións, afortunadamente sen éxito. Os gobernos son conscientes do potencial desta raza inimiga e por iso tratan de estar preparados para un novo ataque. Así, Ender, é elixido para ser o comandante das tropas terrícolas. Ender é un neno de 6 anos, o menor de 3 irmáns, e por tanto mal visto nunha sociedade na que se limita o número de fillos para evitar superpoboación. Pero Ender, o terceiro, é o último intento de conseguir un comandante perfecto. Ao igual que os seus irmáns, foi concibido coma un xenio con ese fin, pero a diferencia deles, Ender ten o grao xusto de bondade é violencia, o primeiro moi presente na súa querida irmá Valentine e o segundo no seu odiado irmán Peter co que sempre se levou mal. Ender é levado primeiro á Escola de Batalla onde se formará a base de loitas de batallóns formadas por nenos elixidos como el. Pero a pesar da presión á que está sometida, Ender consegue destacar por riba de todos alcanzando a Escola de Alto Mando en tempo record. Esta escola é a proba final antes de poder dirixir as tropas terrícolas cara á victoria e por iso a presión é máis forte que nunca. Entrementres, Valentine e Peter conseguen facerse pasar por adultos ocultando as súas identidades e acadan gran recoñecemento nar Redes sociais, conseguindo posicionarse estratéxicamente para chegar ao poder cando a guerra cos insectores acabe e evitar así unha guerra mundial. A novela engancha desde o primeiro momento e a pesar de ter como protagonistas nenos, enseguida te das conta de que son nenos moi especiais aos que lles acabas collendo cariño. Desde logo “El Juego de Ender” é un libro de obrigada lectura se che gusta a ciencia ficción. Había un proxecto da Warner para facer a película, pero parece ser que todo quedou en nada, principalmente porque os protagonistas son nenos aos que se lles inculca a arte da guerra…
24 Febreiro 2009 en 02:11 |
[...] saga continúa. Esta segunda entrega de Orson Scott Card continúa a historia desde onde quedou en El juego de Ender. A primeira parte do libro é un pouco densa pola grande cantidade de información (varias linguas, [...]
16 Maio 2009 en 00:14 |
[...] Terceira entrega da Saga de Orson Scott Card. Como soe ocorrer, despois de dúas entregas (El juego de Ender e La voz de los muertos), a historia vai perdendo un pouco de forza, pero segue enganchando coma a [...]