O meu novo móbil: Nokia N81

Nokia N81

O meu regalo de Reis atrasado :P Pero a espera pagou a pena. Non foi doado elixir o modelo que ía reemprazar ao meu lexendario Nokia 6600, pero finalmente tratando de buscar un equilibro calidade prezo, decanteime por este. O que sí tiña claro é que tiña que ser un Nokia, máis aínda despois de comprobar as virguerías das últimas versións do Nokia PC Suite. Estiven barallando a opción de coller o Nokia 5800 XpressMusic con pantalla táctil, pero despois de telo nas miñas mans, decepcionoume un pouco, tanto no acabado como no manexo. Unha das principais pegas que lle atopei foi que tan so tiña 3 botóns debaixo da pantalla, anulando toda opción de xogar aos xogos de toda a vida. Do resto dos modelos, o ideal sería que tivesen WIFI e GPS aparte de unha boa cámara, boa conectividade, etc, etc. E dentro das posibilidades a mellor relación calidade prezo foi o Nokia N81 (en plateado, non en azul) con tarxeta incluída de 2GB con WIFI pero non GPS. O feito de non levar GPS abaratou bastante o prezo, pero como teño un externo, pois podo usalo por Bluetooth sen problema como viña facendo ata agora. O que máis me interesaba era o WIFI para poder facer uso de aplicacións de internet sen gastar demasiado. Pero como ademáis o terminal foi comprado en The Phone House portando a Yoigo coa tarifa “del 8″ por uns 140 eur (incluídos os 30 eur que costou collelo libre conservando a garantía), agora tamén podo usar internet sen medo a pasarme, posto que nunca pagaría máis de 1,20 eur/día. Isto abre un abanico de posibilidades, entre as cales está, por suposto, poder coller o correo en calquera momento, en calquera lugar. Ademáis agora chamo a 8 cent/min, 13 cent/min máis barato do que chamaba antes, o cal supón un aforro considerable. Outra das cousas que me gustaron do terminal é que é compatible coa plataforma N-Gage e, de feito, ven con dous botóns “extra” no lado do auricular para poder xogar en horizontal ao estilo PSP.
n81_gaming

En contrapartida, o primeiro que me disgustou do meu novo móbil, é que o levar Symbian OS 9.1 (S60 3rd Edition), o programa co que soía ler libros o RepliGo, que deixou de dar soporte para Symbian, non era compatible e non o podía instalar. Rapidamente me puxen a buscar algunha alternativa e quedei abraiado ante MobiReader (de Mobipocket) un software GRATUITO para crear documentos no PC e poder visualizalos no móbil. A verdade é que é absolutamente perfecto, soporta o mesmo que o outro (escalado, texto flotante, memorización do último punto de lectura, etc.), pero tratándose dun producto libre con grande soporte. Con respecto a cámara, bueno son 2 Megapixels con flash, pero como para sacar fotos teño a miña flamante cámara Canon PowerShot A700, pois xa é máis que suficiente (tampouco era algo que me preocupase do móbil).

Bueno, concluíndo, teño que dicir que estou moi contento con meu novo móbil con tarxeta de 2GB incluída, agora xa son capaz de sincronizar o calendario e tarefas co outlook facilmente (co Nokia 6600 via bluetooth e o PC Suite específico era unha tarefa imposible), podo escoitar música cunha calidade incrible cos seus botóns de acceso directo (o teléfono é compatible coa serie XpressMusic) , podo xogar coa plataforma N-Gage, e podo disfrutar de internet via WIFI. Pero iso non e todo, cada día descubro máis e máis cousas. Xa as irei comentando…

Unha resposta to “O meu novo móbil: Nokia N81”

  1. Mik Says:

    E o precio…

Deixa un comentario