Kung Fu Panda

kungfu_pandaDespois do fiasco de Space Chimps e Horton que foron demasiado “light” (supoño que se botaba de menos un pouco de humor de “adultos” ao que nos teñen acostumbrados outras productoras), por fin unha peli de animación que vale a pena. E é que o selo de Dreamworks nótase na calidade final. Conste que non está a altura de outros títulos que si me gustaron moito, pero é unha película divertida e moi ben feita, cun argumento aceptable, aínda que non demasiado orixinal. Houbo unha cousa que me chamou especialmente a atención e é que moitos movementos do Panda me recordaban a Mr. Fantástico (Los Increíbles) a pesar de ser da competencia. Supoño que reciclarán técnicas…

Unha resposta to “Kung Fu Panda”

  1. Mik Says:

    Esta está ben, pero a min gustoume máis Wall·E.

Deixa un comentario