A saga continúa. Esta segunda entrega de Orson Scott Card continúa a historia desde onde quedou en El juego de Ender. A primeira parte do libro é un pouco densa pola grande cantidade de información (varias linguas, moitos nomes…), pero pouco a pouco o libro vai collendo ritmo e acaba por enganchar igual que o fixo o primeiro. A verdade é que o estilo do autor gústame moito, sabe como describir as escenas e darlles ese punto que consegue emocionarte nos momentos que hai que facelo. A historia fala da expansión da raza humana trala aniquilación dos Insectores. Así as colonias de humanos se reparten en 100 mundos e nun deles, Lusitania, aparece unha nova especie, os Pequeninos. Esta raza semella ser intelixente e os humanos conseguen contactar con eles, pero deciden estudialos sen interferir na súa evolución, algo que non sempre é posible. Esta nova raza, a pesar de estar menos evolucionada, consegue ensinarlle aos humanos unha serie de valores, moitos deles conflictivos. As circunstancias que rodean esta convivencia de razas en Lusitania leva a Ender, o portavoz dos mortos, a viaxar a ese planeta onde atopará unhas condicións óptimas para revivir á Reina Colmena. Pero o camiño non é doado, a pesar de contar coa axuda de Jane (encántame ese ente). Despois de ler este libro teño moi claro que vou continuar co seguinte.
16 Maio 2009 en 00:14 |
[...] da Saga de Orson Scott Card. Como soe ocorrer, despois de dúas entregas (El juego de Ender e La voz de los muertos), a historia vai perdendo un pouco de forza, pero segue enganchando coma a primeira. E é que Ender [...]