Crysis Warhead

19 Marzo 2009

crysis_warheadPois fíxoseme moi corto. Pero a perfección da anterior entrega mantívose intacta, de modo que non hai queixa. A verdade é que Crysis pasará á historia por ser o primeiro videoxogo en contar con escenarios realistas. E por realistas refírome a escenarios sensibles, que se destrozan de verdade cando chocas cun vehículo ou explota unha granada. É unha das mellores cousas do xogo, confiar en que detrás dunha parede estás a salvo e observar como a parede se vai desfacendo cando te disparan. Menos mal que contamos coa invisibilidade do nanotraxe. O apartado gráfico segue espectacular e a xogabilidade tamén. A principal diferencia desta segunda entrega é que xa non xogamos con Nomad, senon con Phycho, pero a intensidade do xogo non varía. Quizáis a única pega que lle atopei é que a historia é un pouco difícil de seguir. Tes obxectivos moi ben marcados no mapa e valos seguindo sen problema, pero a trama global non acaba de quedar clara.

crysis_warhead2

O armamento do que dispoñemos é prácticamente o mesmo que na primeira parte e os vehículos tamén, de modo que esta segunda parte parece máis unha extensión que un novo xogo. Os inimigos pois novamente os coreanos e os bichos-alieníxenas-con-tentáculos con mega-monstro ao final. A Intelixencia Artificial é correcta.

crysis_warhead31

En conclusión: se che gustou o Crysis, esta nova entrega é imprescindible para seguir disfrutando de toda a esencia deste pedazo de videoxogo.


A ciegas

16 Marzo 2009

blindnessTras unha longa espera, por fin puiden ir ver A ciegas ao cine. O libro gustárame moitísimo, e a película, da man de Fernando Meirelles coa supervisión do propio Saramago non tiña mala pinta. Despois de vela podo dicir que é correcta, pero non ten esa forza que ten o libro. Recoñezo que debe ser difícil conseguir transmitir ese sentimento de ceguera aos espectadores, e conste que ten boas ideas, como o dese predominio de cor branco durante toda a película. Pero non é o libro. E é que lóxicamente tiveron que omitir moitas escenas do libro para conseguir o formato de película e iso sempre fai que perda puntos. O que si, gustoume moito a escena do can, lamendo as bágoas da muller como no libro, e a parte da cidade sumida no caos, moi parecida a como a imaxinara. Concluíndo podo dicir que é unha película que segue bastante fielmente o libro e por sorte non caeu en mans Hollywoodienses, de modo que me dou por satisfeito. Iso sí, quitaría a voz do narrador.


Indiana Jones y el Reino de la Calavera de Cristal

16 Marzo 2009

indy_calavera2Bueno, que podo dicir deste intento de recuperación do mito? Pois que non é o mesmo. Que está moi ben feita, e segue unha historia coma as de antes (bueno salvando a parte de extraterrestres), pero non é o mesmo. A cuestión é que pretender que Harrison Ford sexa o protagonista e que se mova como se tivese 20 anos non acaba de cuajar. E o resultado pois é un pouco patético, e estás toda a película pendente de que o probre home non se disloque un ombro cos tantos excesos. O mellor: a incombustible melodía, chan cha chán chan, chan cha cháaan…