A ciegas

blindnessTras unha longa espera, por fin puiden ir ver A ciegas ao cine. O libro gustárame moitísimo, e a película, da man de Fernando Meirelles coa supervisión do propio Saramago non tiña mala pinta. Despois de vela podo dicir que é correcta, pero non ten esa forza que ten o libro. Recoñezo que debe ser difícil conseguir transmitir ese sentimento de ceguera aos espectadores, e conste que ten boas ideas, como o dese predominio de cor branco durante toda a película. Pero non é o libro. E é que lóxicamente tiveron que omitir moitas escenas do libro para conseguir o formato de película e iso sempre fai que perda puntos. O que si, gustoume moito a escena do can, lamendo as bágoas da muller como no libro, e a parte da cidade sumida no caos, moi parecida a como a imaxinara. Concluíndo podo dicir que é unha película que segue bastante fielmente o libro e por sorte non caeu en mans Hollywoodienses, de modo que me dou por satisfeito. Iso sí, quitaría a voz do narrador.

Deixa un comentario