A verdade é que non tiña pensado vela, pero como chegamos tarde ao cine e era das poucas que se podían ver, fixemos caso das boas críticas e aventurámonos. E curiosamente sorprendeume. A pesar de contar xa con 77 anos, Clint Eastwood dirixiu e protagonizou unha película que realmente paga a penar ver. A seriedade e “dureza” aparente do seu personaxe (Walt Kowalski) que acaba de quedarse viudo, provoca momentos moi divertidos cando unha adolescente asiática e o seu irmán se fan amigos del. Son veciños e a pesar de todos os prexuicios que poda ter Walt (como ex-veterano da guerra de Corea que é), vaise dando conta pouco a pouco de que aínda pode aprender moito da cultura Hmong. Ah, por certo, Gran Torino é un coche, non o novo nome de Harry el sucio reciclado. A verdade é que sen saber este dato o título da peli bota un pouco para atrás, sobre todo coa portada do cartel. A realidade é moi distinta e as boas críticas son merecidas.