Terceira entrega da Saga de Orson Scott Card. Como soe ocorrer, despois de dúas entregas (El juego de Ender e La voz de los muertos), a historia vai perdendo un pouco de forza, pero segue enganchando coma a primeira. E é que Ender el Xenocida, continúa exactamente onde termina a historia anterior. Pero nesta ocasión entra en escena un novo mundo “El Sendero”, que basea a súa existencia nos desexos dos Deuses que elixen entre a poboación a “agraciados” aos que se lles dota do “don” de poder falar con eles para guialos. A trama segue xirando en torno a Lusitania, ameazada polo Congreso que dirixe os 100 mundos por entrar en contacto coa especie nativa (os Pequeninos) alterando a súa evolución normal. O planeta decide illarse do resto dos mundos cortando toda comunicación filótica, pero as cousas empeoran cando algúns agraciados de El Sendero descubren a verdade sobre Ender e Lusitania. Ademáis descóbrese que o virus da descolada co que convivían no planeta parece ter intelixencia e altera xenéticamente o seu entorno para adaptalo as súas necesidades. Jane segue en escena, fiel a Ender que finalmente consegue resucitar á Reina Colmena en Lusitania. Pouco a pouco se van aclarando todas esas lagunas que viñan das anteriores entregas e se despexan as incógnitas de todas as especies que conviven en Lusitania. Quizáis contra o final Scott Card se pasa un pouco de rosca recuperando personaxes do “pasado”, pero así e todo a saga non perde consistencia e paga a pena seguila.
Publicado por unfeixedebits