
Pois é a primeira vez que xogo a un xogo desta saga é a verdade é que unha vez te acostumbras ao ritmo pausado do xogo, xa quedas enganchado. Recoñezo que vindo dos shoot’em up, o meu primeiro impulso era matar a todo o que se movía, pero neste xogo non se trata diso, de feito hai veces nas que se matas a alguén fracasas a misión.
En modo individual a historia está moi ben contada e as misións son moi coherentes. Trátase de infiltrate en diversos escenarios (un barco, un búnker, un banco…) para obter información, interrogar personas ou matar terroristas, todo cun sixilo extremo, para evitar ser detectado, posto que existen tamén cámaras e alarmas que incrementan a protección dos inimigos cando se disparan. Para conseguir ser sixiloso vas equipado cunhas gafas que proporcionan visión nocturna (imprescindible), térmica e “electrónica”. Ademáis vas equipado cun fusil de asalto con varios complementos (mira telescópica, dardos eléctricos….) e unha pistola con silenciador (imprescindible para romper todas as bombillas que atopes) que tamén permite bloquear cámaras de seguridade.

En modo cooperativo puiden xogar con un amigo via Skype e a verdade é que é moi divertido, sobre todo porque hai determinados movementos imprescindibles para avanzar nos que tes que realizar unha acción cooperativo co compañeiro. É unha pena que neste modo as fases sexan soltas (aínda que seguen mais ou menos unha historia secuencial) e que non se poda gardar no medio dunha fase para continuar o día seguinte.

Tamén existe un modo de xogo en rede tipo death match que apenas probei porque cambia un pouco a filosofía do xogo e os movementos.
A única pega importante que lle atopei ao xogo é que a dificultade máis alta é desproporcionada non permitindo apenas acercarte aos inimigos sen que se dean conta e moito menos usar armas. Así o xogo é un pouco raiante. Polo demáis, debo dicir que moi ben, a pesar de non ser un título de última fornada cumpliu e desde logo penso seguir coa saga en canto poda.
11 Agosto 2009 en 16:24 |
“vindo dos shoot’em up, o meu primeiro impulso era matar a todo o que se movía”.
XDDDDD doy fe.
3 Decembro 2009 en 23:21 |
[...] de Splinter Cell: Chaos Theory e o seu magnífico xogo cooperativo con movementos específicos, pensaba que a nova entrega da saga [...]