Bienvenidos al norte

Bienvenidos al NorteQuedei gratamente sorprendido con esta película. Non sabía moi ben de que ía e gustoume moito. Trátase dunha comedia francesa desenfadada na que o protagonista é trasladado ao norte para ser director dunha sucursal de correos. O norte ten moi mala sona con tópicos como que ten unha lingua (dialecto do francés) que ninguén entende, que a xente é un pouco retrasada e vive na edade media ou que sempre fai frío. A muller do protagonista, coñecedora da reputación do norte, deixa so ao marido nesta aventura véndose cada 15 días. Pero sen embargo o norte non é o que din del. A xente é moi amable, os lugares teñen moito encanto, o frío non é tal… Así que o protagonista enseguida se acomoda e se sinte arroupado polos compañeiros da oficina, sobre todo dun do que se fai amigo íntimo. A película conta escenas cotidianas nun tono moi divertido e realmente engancha desde o principio. O que si tiven que cambiar a versión orixinal no medio da película, porque teñen moitas coñas co idioma (francés tradicional vs. dialecto do norte). A pena é non saber francés para pillar mellor os chistes. Con todo é unha película que realmente vale a pena ver.

Deixa un comentario