El clan del oso cavernario

2 Abril 2010

El clan del oso cavernario é a primeira entrega da saga Los hijos de la tierra da escritora norteamericana Jean M. Auel. O libro está ambientado na época paleolítica e céntrase nun clan de homes do Neandertal que veneran ao Oso Cavernario como o seu máximo “Deus”. Cando o clan se encontra en plena búsqueda dunha nova cova tras un catastrófico terremoto, atopan a unha nena perdida e moribunda totalmente diferente a eles. Trátase de Ayla, unha nena Cro-magnon, con anos de evolución sobre a xente do clan que quedou orfa tras o terremoto. O clan recibe sinais dos espíritus e finalmente decide adoptala, algo que lles trae sorte, posto que gracias a ela atopan a unha nova cova na que quedarse despois dun largo percorrido. A nena vaise facendo maior e pouco a pouco vai perdendo as súas habilidades evolucionadas para adaptarse á linguaxe e cultura do clan. Como a que se encarga de criala, Iza, é a curandera do clan, Ayla acaba aprendiendo el oficio (dun gran prestixio). Tamén inflúe na súa educación o Mog-ur (Mago) do clan, Creb, que lle colle moito cariño e acaba por considerala como a filla que nunca tivo. A medida que pasan os anos, as diferenzas entre a rapaza e as persoas do clan acentúanse: é loira, máis alta, máis esbelta, pero acaban por aceptala como unha máis do clan… So hai unha persoa que non pode soportar a Ayla e lle fai a vida imposible, que é Broud, o fillo da compañeira do xefe Brun.

A historia describe con moitísimo detalle como era a vida do clan e todos os seus costumes. A labor de documentación da autora é realmente admirable, consegue transmitir moi ben ao lector a vida desa era e a mestura de razas é moi orixinal. Chamáronme a atención algúns detalles como que todo xira en torno aos espíritus e aos tótems que se lles asignan aos membros do clan pouco despois de nacer, que lles asignaran a estes a concepción dun bebé en lugar de relacionalo co desafogo de “necesidades” dos homes coas mulleres, que tivesen un dominio tan grande das plantas medicinais…

En resumo, trátase dun libro no que a pesar de que a temática pode non parecer atractiva a priori, realmente engancha e trasládate a unha era onde os nosos antepasados loitaban de forma moi enxeñosa pola supervivencia. Alégrome de que sexa unha saga, porque apetéceme moito seguir lendo esta historia.


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.