El clan del oso cavernario

El clan del oso cavernario é a primeira entrega da saga Los hijos de la tierra da escritora norteamericana Jean M. Auel. O libro está ambientado na época paleolítica e céntrase nun clan de homes do Neandertal que veneran ao Oso Cavernario como o seu máximo “Deus”. Cando o clan se encontra en plena búsqueda dunha nova cova tras un catastrófico terremoto, atopan a unha nena perdida e moribunda totalmente diferente a eles. Trátase de Ayla, unha nena Cro-magnon, con anos de evolución sobre a xente do clan que quedou orfa tras o terremoto. O clan recibe sinais dos espíritus e finalmente decide adoptala, algo que lles trae sorte, posto que gracias a ela atopan a unha nova cova na que quedarse despois dun largo percorrido. A nena vaise facendo maior e pouco a pouco vai perdendo as súas habilidades evolucionadas para adaptarse á linguaxe e cultura do clan. Como a que se encarga de criala, Iza, é a curandera do clan, Ayla acaba aprendiendo el oficio (dun gran prestixio). Tamén inflúe na súa educación o Mog-ur (Mago) do clan, Creb, que lle colle moito cariño e acaba por considerala como a filla que nunca tivo. A medida que pasan os anos, as diferenzas entre a rapaza e as persoas do clan acentúanse: é loira, máis alta, máis esbelta, pero acaban por aceptala como unha máis do clan… So hai unha persoa que non pode soportar a Ayla e lle fai a vida imposible, que é Broud, o fillo da compañeira do xefe Brun.

A historia describe con moitísimo detalle como era a vida do clan e todos os seus costumes. A labor de documentación da autora é realmente admirable, consegue transmitir moi ben ao lector a vida desa era e a mestura de razas é moi orixinal. Chamáronme a atención algúns detalles como que todo xira en torno aos espíritus e aos tótems que se lles asignan aos membros do clan pouco despois de nacer, que lles asignaran a estes a concepción dun bebé en lugar de relacionalo co desafogo de “necesidades” dos homes coas mulleres, que tivesen un dominio tan grande das plantas medicinais…

En resumo, trátase dun libro no que a pesar de que a temática pode non parecer atractiva a priori, realmente engancha e trasládate a unha era onde os nosos antepasados loitaban de forma moi enxeñosa pola supervivencia. Alégrome de que sexa unha saga, porque apetéceme moito seguir lendo esta historia.

2 respostas a El clan del oso cavernario

  1. [...] valle de los caballos Segunda entrega da saga. A historia continúa onde quedou a primeira e conta a aventura de Ayla na procura dos seus semellantes. Na súa viaxe cara o Norte vai [...]

  2. Non lin ese libro, pero quero puntualizar unha cousa que me resulta chocante nesta reseña.
    O Cro-magnon (Homo sapiens), e dicir, a nosa especie, non é máis nin menos evolucionada que Neanderthal, simplemente son dúas especies humanas distintas.
    En realidade todos os seres vivos contemporáneos son igual de evolucionados, pero por distintos camiños.
    Sen entrar en tanta profundidade, hoxe está totalmente aceptado que Neanderthal tiña todo para ser tan “humano” coma nós. Discútese se algo menos ou mesmo máis nalgúns aspectos.
    O aspecto robusto de Neanderthal non é máis que unha adaptación ao clima frío no que xurdiu a especie. E o aspecto máis lanzal de sapiens débese a que a nosa especie xurdiu nun clima moito máis cálido.
    A nena sapiens podía proceder dunha cultura máis complexa, iso si. Tamén podería ser ao revés, pero aí é cousa da liberdade da escritora, supoñendo que o relato pretenda ser realista e baseado nos coñecementos da paleoantropoloxía.
    O que pretendo é avisar sobre un concepto equivocado e moi estendido nas ideas sobre a evolución humana (e sobre a evolución en xeral, de paso).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.