Alicia en el país de las maravillas (3D)

18 Abril 2010

Coma sempre ocorre, cando tes moitas espectativas sobre unha película nunca se cumplen de todo. Teño que recoñecer que non me arrepinto en absoluto de pagar os algo máis de 11 euros por vela en 3D, o certo é que as escenas tridimensionais están tan logradas como en Avatar así que realmente paga a pena. Eu non coñezo / non recordo demasiado ben a historioa de Alicia en el país de las maravillas, de modo que non sabería ubicar a trama dentro da historia orixinal. Creo que existen 2 libros e a película situaríase anos despois do segundo, cando Alicia (Mia Wasikowska) xa é maior, posto que se fai referencia a cando ela estivera alí de pequena. Penso que as personaxes sí están moi ben recreadas e caracterizadas, con ese toque especial que lle da Tim Burton, pero a trama xeral pareceume bastante simple e incluso con algunha incoherencia como cando Alicia decide ir rescatar a toda costa ao sombrereiro (Johnny Depp) ao castelo da Raíña vermella e regresa olvidándose totalmente de el porque consegue a espada. De todas maneiras os escenarios, as paisaxes, o colorido… todo está moi ben disposto para que o resultado final sexa espectacular. Se che gustan as películas fantásticas non dubides en vela. E se podes facelo en 3D moitísimo mellor.


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.