O terceiro libro da saga comeza exactamente onde quedou o anterior. Nesta ocasión Ayla descubre por fin a “civilización” a través do pobo dos Mamutoi (cazadores de Mamuts). A pesar de que Ayla se presenta no pobo con Jondalar non tarda en destacar, tanto pola súa apariencia e pronunciación, como polas habilidades que foi adquirindo na súa curta e intensa vida (como a de poder comunicarse con algúns animais). Pero os Mamutoi son un pobo aberto que acaba por aceptar aos forasteiros como invitados e incluso nomean a Ayla coma membro da tribu. A historia está centrada na vida e costumes deste pobo de cazadores e narra como Ayla se vai adaptando ao entorno e acaba por integrarse. Pero a Jondalar saelle un competidor, Ranec, un fornido e habilidoso negro (o único da tribu) que queda prendido de Ayla e trata de conquistala cos seus encantos. O triángulo amoroso é unha constante durante toda a trama (incluso facéndose un pouco pesado) pero ao final de todo acaba por resolverse da forma máis lóxica.
Los cazadores de mamuts
20 Xuño 2010Prince of Persia: Las arenas del tiempo
13 Xuño 2010
Esta foi a primiera película que fun ver ao cine con asentos vibratorios. A experiencia foi curiosa, pero a vibración parecía ir máis coa banda sonora que coas escenas. Así e todo penso que potencia certas escenas e nunha película de acción coma esta, a verdade é que se agradece. A película sorprendeume gratamente, pensaba que ía ver a típica película de acción basada en videoxogo con argumento chorras, pero realmente deu a talla. A trama está ben desenvolta, mesturando escenas de acción, románticas, cómicas… todo na súa xusta medida. Os movementos do protagonista (Jake Gyllenhaal) están realmente logrados recordando ao videoxogo en moitos momentos (por exemplo no de camiñar polas paredes) e incluso tamén ao Assassins Creed (por exemplo o famoso salto de fe). E a protagonista (Gemma Arterton) a verdade é que me pareceu guapísima, non a recordaba de outras películas, pero nesta a verdade é que sae estupenda. En fin, que se che gusta a acción, é un título que non te deberías perder.
Número 9
13 Xuño 2010
Curiosa película producida por Tim Burton e Timur Bekmambetov. Trátase dunha peli de animación, cuns personaxes enanos medio de trapo, medio robóticos que teñen o inconfundible selo de Burton. A historia comeza despois de que as máquinas se apoderaran da terra e que esta quedara practicamente aniquilada e sen existencia humana. Pero o impulsor das máquinas que se sublevaron (contra a súa vontade) conseguiu crear unha serie numerada de trapo-robots antes de morrer coa intención de que puideran de algunha forma salvar o mundo. En concreto cando revive o número 9 comeza a búsqueda de respostas e atopa algúns compañeiros que lle axudan a conseguir resolver o misterio que xira en torno as máquinas asesinas que aínda sobreviven. Os escenarios e personaxes son do máis pintoresco, e a película é entretida, aínda que quizáis o argumento non está todo o elaborado que debera.
LOST
9 Xuño 2010Que podo dicir desta grande serie que supuxo un verdadeiro fenómeno a nivel mundial. Comecei a vela desde o principio (hai 6 anos xa!), e unha vez enganchado xa non puiden evitar, como outros moitos, descargar os episodios recén saídos de USA e agardar impacientemente os subtítulos en español para disfrutar dunha nova entrega en versión orixinal. E ao terminar, por suposto, a consultar os foros de lostzilla.net onde había teorías do máis disparatadas para tratar de dar explicación aos novos misterios que ían aparecendo. Creo que unha das claves do éxito da serie foi ese formato “historia” que se alonxaba dos clásicos episodios autocontidos que tiñan prácticamente todas as series. Evidentemente para os guionistas supuxo un reto, pero J.J. Abrams despois da súa experiencia con Alias, soubo como enfocar moi ben a serie e manter ao público enganchado como nunca antes estivera. A verdade é que o casting tamén foi moi acertado e as entrañables personaxes deron a talla durante todas as tempadas. É certo que as primeiras foron as mellores, as que máis impacto causaron, pero creo que souberon como evolucionar para que non perdera esa esencia que tan ben caracterizaba a serie. Recordo que inicialmente se falaba de que os productores comentaran que todo o que pasaba na illa tiña unha explicación racional, pero creo que co paso do tempo, iso foi algo ao que tiveron que renunciar para poder sacar adiante novas tempadas. O concepto de flashback foi realmente innovador e revelador. Todos disfrutamos averiguando cousas do pasado das personaxes, sobre todo porque daban pistas do que podía estar acontecendo na illa. Recordo ver nos comentarios dos DVDs a explicación da idea inicial sobre a que se concebiu a serie que era a de considerar a illa coma unha personaxe máis. Creo que iso foi tamén unha clave importante para que a serie triunfase.
E agora Lost chegou ao seu fin e creo que foi un acerto non prolongalo máis para que non se degradara a calidade. Probablemente a xente seguiría vendo 2 ou 3 tempadas máis, pero creo que foi boa idea terminar antes de que a serie decaera para gardar un grato recordo dela. Quizáis ao final non se deron todas as expliacións que se esperaban, pero foi un final aberto, como foi sempre a serie, que invita á reflexión e a esperanza de que algún día volvamos ver as personaxes en acción (nunha película?). O tempo dirá, pero polo pronto o DVD da última tempada incluirá material inédito con algunhas explicacións máis que esperaremos ansiosos…
Publicado por unfeixedebits 
