Este é un libro gratuito que un escritor novel, Bruno Nievas, deixou dispoñible para a súa descarga nesta páxina. A novela xira en torno a un rico neurólogo-informático (Jacob) ao que se lle propón entrar nun revolucionario proxecto para traballar con realidade aumentada usando tecnoloxías de última xeración. Unha vez no equipo Jacob reecóntrase con Lia, unha antiga moza e compañeira pola que aínda ten fortes sentimentos. A partir de aí mestúrase a historia de amor coas dificultades do desenvolvemento do sistema de realidade aumentada máis sofisticado xamáis creado e que está baseado nun super-chip de orixe decoñecida. Precisamente a búsca desa orixe é a única forma que atopan os protagonistas de solucionar os problemas que o chip xera e que parecen estar relacionados coa morte de algúns membros do equipo. A novela é entretida se che gusta a temática, pero nótase que se trata dun escritor novel posto que a redacción flaquea nalgúns puntos e existen algunhas incoherencias no argumento. Así e todo, vale a pena lelo para entreterse un cacho e apoiar esta iniciativa do autor.
Publicado por unfeixedebits