Prince of Persia: Las arenas del tiempo

13 Xuño 2010

Esta foi a primiera película que fun ver ao cine con asentos vibratorios. A experiencia foi curiosa, pero a vibración parecía ir máis coa banda sonora que coas escenas. Así e todo penso que potencia certas escenas e nunha película de acción coma esta, a verdade é que se agradece. A película sorprendeume gratamente, pensaba que ía ver a típica película de acción basada en videoxogo con argumento chorras, pero realmente deu a talla. A trama está ben desenvolta, mesturando escenas de acción, románticas, cómicas… todo na súa xusta medida. Os movementos do protagonista (Jake Gyllenhaal) están realmente logrados recordando ao videoxogo en moitos momentos (por exemplo no de camiñar polas paredes) e incluso tamén ao Assassins Creed (por exemplo o famoso salto de fe). E a protagonista (Gemma Arterton) a verdade é que me pareceu guapísima, non a recordaba de outras películas, pero nesta a verdade é que sae estupenda. En fin, que se che gusta a acción, é un título que non te deberías perder.


Número 9

13 Xuño 2010

Curiosa película producida por Tim Burton e Timur Bekmambetov. Trátase dunha peli de animación, cuns personaxes enanos medio de trapo, medio robóticos que teñen o inconfundible selo de Burton. A historia comeza despois de que as máquinas se apoderaran da terra e que esta quedara practicamente aniquilada e sen existencia humana. Pero o impulsor das máquinas que se sublevaron (contra a súa vontade) conseguiu crear unha serie numerada de trapo-robots antes de morrer coa intención de que puideran de algunha forma salvar o mundo. En concreto cando revive o número 9 comeza a búsqueda de respostas e atopa algúns compañeiros que lle axudan a conseguir resolver o misterio que xira en torno as máquinas asesinas que aínda sobreviven. Os escenarios e personaxes son do máis pintoresco, e a película é entretida, aínda que quizáis o argumento non está todo o elaborado que debera.


Celda 211

2 Maio 2010

Despois da sona que obtivo esta película de Daniel Monzón tiña ganas de vela sen saber moi ben que me ía a atopar. Trátase dunha temática pouco común no cine español e quizáis peca un pouco de ter escenas demasiado “americanas”, pero o resultado final é positivo. A historia está ben contada e o transcurso da trama ten bo ritmo. E a pesar de que choca un pouco ver a algúns actores coñecidos facendo papeis diferentes (por exemplo Resines) hai outros que están moi ben caractizados como Luis Tosar. Sen embargo é unha película que non chega moi adentro, que non acaba de emocionar o que debera a pesar da forza que supostamente ten a temática. Por iso da a sensación de estar un pouco influenciada polo cine comercial alonxándose un pouco dos cánones do cine español. Aínda que imaxino que así se vende mellor e se desa forma se consigue que o cine español chegue a máis xente, pois benvida a fórmula. Está claro que ten que haber cine español para todos os gustos.


Alicia en el país de las maravillas (3D)

18 Abril 2010

Coma sempre ocorre, cando tes moitas espectativas sobre unha película nunca se cumplen de todo. Teño que recoñecer que non me arrepinto en absoluto de pagar os algo máis de 11 euros por vela en 3D, o certo é que as escenas tridimensionais están tan logradas como en Avatar así que realmente paga a pena. Eu non coñezo / non recordo demasiado ben a historioa de Alicia en el país de las maravillas, de modo que non sabería ubicar a trama dentro da historia orixinal. Creo que existen 2 libros e a película situaríase anos despois do segundo, cando Alicia (Mia Wasikowska) xa é maior, posto que se fai referencia a cando ela estivera alí de pequena. Penso que as personaxes sí están moi ben recreadas e caracterizadas, con ese toque especial que lle da Tim Burton, pero a trama xeral pareceume bastante simple e incluso con algunha incoherencia como cando Alicia decide ir rescatar a toda costa ao sombrereiro (Johnny Depp) ao castelo da Raíña vermella e regresa olvidándose totalmente de el porque consegue a espada. De todas maneiras os escenarios, as paisaxes, o colorido… todo está moi ben disposto para que o resultado final sexa espectacular. Se che gustan as películas fantásticas non dubides en vela. E se podes facelo en 3D moitísimo mellor.


Mulholland drive

18 Marzo 2010

Curiosa película de David Lynch do ano 2001. Avisáronme que era rara e realmente é rara. Non sei moi ben como definila, é unha película de intriga psicolóxica tipo puzzle con algunhas pinceladas de humor e de misterio. A trama xira en torno a dúas protagonistas, unha delas chega a Los Ángeles buscando unha oportunidade como actriz (Naomi Watts como Betty Elms / Diane Selwyn) e casualmente coñece á outra que adolece de amnesia despois de sufrir un accidente de tráfico (Laura Harring como Rita). A partir de aí comeza a extraña trama, na que a medida que van averiguando cousas de Rita, danse conta dos misterios e perigos que a rodean. A amizade entre elas vai alcanzando intensidade e acaba por converterse nunha relación lésbica aínda que cun aparente tráxico final. Semella (porque en ningún momento queda claro) que o director xoga mesturando tres planos, o da realidade, o da imaxinación (parece que Diane acaba por volverse tola) e o da ficción, xa que durante o transcurso da trama, parece ser que se está a rodar unha película dun director un tanto peculiar na que as protagonistas participan. Ademáis existen escenas “extra” que completan a trama e que sin unha relación clara coa mesma, aparecen conectadas a algunhas das escenas clave da película. O resultado é un auténtico puzzle que invita ver a película máis dunha vez para tratar de resolvelo. Teño que recoñecer que a pesar de durar máis de 2 horas, a película mantente constantemente intrigado e aínda que se van descubrindo cousas, ao final péchase o círculo sen quedar nada resolto. É unha película realmente orixinal que non me extraña que xenere tanta controversia. Conste que a min gustome moito e de seguro que a volverei ver.


Avatar 3D

3 Xaneiro 2010

Unha película coma esta, realmente paga a pena vela en 3D. Foi a primeira que vin con este sistema e a verdade é que lógranse uns efectos realmente sorprendentes. Ao principio costa acostumbrarse un pouco e máis cando tes que por as gafas polarizadas por riba das normais, pero como a película dura case 2 horas e media, hai tempo máis que suficiente para afacerse a visión 3D. Entendo que o aspecto 3D foi especialmente coidado nesta película, xa que anunciaron bastante, e iso nótase no resultado final. Penso que a ubicación na sala de cine é algo crucial. Eu vinna desde a fila 5 e a verdade é que impresiona (quizáis a fila 6 sería a ideal). Pero encontreille un par de fallos ao sistema 3D. As escenas rápidas son moi difíciles de seguir, non sei se por culpa das gafas, pero atribula moito. E tamén hai algunas escenas onde saen obxectos 3D en primeiro plano que tamén resultan incómodas de ver. Pero o resto das escenas compensan con creces estes detalles.

Trátase dunha película fantástica, mistura entre “Matrix” e “Los Sustitutos”, na que un minusválido ex-veterano de guerra pode controlar un Avatar (ser creado artificialmente con apariencia alienígena) que debe empaparse da cultura do planeta (Pandora) para tratar de descubrir se é posible negociar o traslado da tribu de tal forma que os terrícolas podan acceder a un mineral moi valioso. Pero as vivencias “virtuais” en Pandora convencen ao marine de que é un error expulsalos da súa terra, de modo que se alía cos científicos para tratar de defender aos indígenas. A trama, se ben non orixinal de todo, é correcta e engancha. Os efectos especiais, a fotografía e as escenas de acción son espectaculares. Quizáis se poda criticar que o mundo alieníxena ten demasiadas similitudes co planeta Terra existindo equivalentes de humanos, de flora e de fauna. Para rematar unha curiosidade: os avatares teñen 5 dedos e os indixenas orixinais 4.


Ágora

2 Decembro 2009

Alejandro Almenábar quixo probar co xénero histórico e o resultado foi notable, pero non sobresaliente, como nos ten acostumados. A película é correcta, está moi ben ambientada, os efectos especiais tamén son correctos, pero sen embargo non destaca especialmente sobre outros títulos do xénero. A trama transcorre en Alexandría onde se disputa unha loita entre relixións da que o cristianismo (como non) sae victorioso. A protagonista é unha matemática, filósofa e astrónoma chamada Hipatia, que goza dunha boa reputación ata que as súas crenzas entran en conflicto cos cristianos. A parte de astronomía na que Hipatia trata de desvelar como funciona o sistema solar non me pareceu que estivese ben resolta. Pareceume que quedou un pouco forzada, a pesar de non desentonar de todo. En fin, é unha película que se pode ver (sobre todo se che gustan as películas deste xénero) e ainda por riba aprendes un pouco de historia moi ben ilustrada.


Bienvenidos al norte

27 Agosto 2009

Bienvenidos al NorteQuedei gratamente sorprendido con esta película. Non sabía moi ben de que ía e gustoume moito. Trátase dunha comedia francesa desenfadada na que o protagonista é trasladado ao norte para ser director dunha sucursal de correos. O norte ten moi mala sona con tópicos como que ten unha lingua (dialecto do francés) que ninguén entende, que a xente é un pouco retrasada e vive na edade media ou que sempre fai frío. A muller do protagonista, coñecedora da reputación do norte, deixa so ao marido nesta aventura véndose cada 15 días. Pero sen embargo o norte non é o que din del. A xente é moi amable, os lugares teñen moito encanto, o frío non é tal… Así que o protagonista enseguida se acomoda e se sinte arroupado polos compañeiros da oficina, sobre todo dun do que se fai amigo íntimo. A película conta escenas cotidianas nun tono moi divertido e realmente engancha desde o principio. O que si tiven que cambiar a versión orixinal no medio da película, porque teñen moitas coñas co idioma (francés tradicional vs. dialecto do norte). A pena é non saber francés para pillar mellor os chistes. Con todo é unha película que realmente vale a pena ver.


Siete Almas

29 Xullo 2009

sietealmasNon é que vexa películas con moita frecuencia, pero dame a sensación de que cada vez é máis difícil atopar guións diferentes e orixinais. En Siete Almas, atopamos unha trama un pouco diferente interpretada por un Will Smith que recorda un pouco ao seu papel en En busca de la felicidad. Todo comeza un pouco confuso pero a medida que transcorre a película vas encaixando pezas ata chegar a entendelo todo. Se teño que criticar algo, debo dicir que quizáis é excesivamenteo confuso todo ao principio e demasiado claro todo ao final. De feito o final ten esa tendencia Hollywoodiense a que non quede ningunha dúbida de nada. Eu, particularmente, terminaría a película cando soa o busca da protagonista invitando á reflexión. Con todo é unha película que me gustou bastante.


Gran Torino

26 Abril 2009

grantorinoA verdade é que non tiña pensado vela, pero como chegamos tarde ao cine e era das poucas que se podían ver, fixemos caso das boas críticas e aventurámonos. E curiosamente sorprendeume. A pesar de contar xa con 77 anos, Clint Eastwood dirixiu e protagonizou unha película que realmente paga a penar ver. A seriedade e “dureza” aparente do seu personaxe (Walt Kowalski) que acaba de quedarse viudo, provoca momentos moi divertidos cando unha adolescente asiática e o seu irmán se fan amigos del. Son veciños e a pesar de todos os prexuicios que poda ter Walt (como ex-veterano da guerra de Corea que é), vaise dando conta pouco a pouco de que aínda pode aprender moito da cultura Hmong. Ah, por certo, Gran Torino é un coche, non o novo nome de Harry el sucio reciclado. A verdade é que sen saber este dato o título da peli bota un pouco para atrás, sobre todo coa portada do cartel. A realidade é moi distinta e as boas críticas son merecidas.


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.