English polas orellas

8 Marzo 2008

Buf! Esta semana tocoume inglés intensivo lendo e escribindo un artigo, sobre todo onte… Gústame moito o inglés conste, pero todo en exceso é malo :P . O máis paradóxico de todo é que precisamente onte tiña un exame de inglés ó que non puiden ir (por rematar o artigo), pero creo que tampouco me facía falta despois de todo o que dixerín esta semana :P . En realidade o exame é o de menos; a ver, está ben medir de cando en vez o nivel que tes, pero a min o que realmente me interesa é practicar e sentir que me defendo co inglés. O título non me preocupa moito, so quero coller soltura e non perder o aprendido (que parece mentira que tantos anos de inglés obligatorio que temos no sistema educativo en realidade non sirvan para nada)… Afortunadamente na clase somos poucos (boa xente, incluída a profe :) ) e fanse moi amenas. Tamén escoito de cando en vez Vaughan Radio, o sistema Vaughan é un pouco sectario, pero ten algunhas metodoloxías moi interesantes…


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.