O meu novo móbil: Nokia N81

9 Febreiro 2009

Nokia N81

O meu regalo de Reis atrasado :P Pero a espera pagou a pena. Non foi doado elixir o modelo que ía reemprazar ao meu lexendario Nokia 6600, pero finalmente tratando de buscar un equilibro calidade prezo, decanteime por este. O que sí tiña claro é que tiña que ser un Nokia, máis aínda despois de comprobar as virguerías das últimas versións do Nokia PC Suite. Estiven barallando a opción de coller o Nokia 5800 XpressMusic con pantalla táctil, pero despois de telo nas miñas mans, decepcionoume un pouco, tanto no acabado como no manexo. Unha das principais pegas que lle atopei foi que tan so tiña 3 botóns debaixo da pantalla, anulando toda opción de xogar aos xogos de toda a vida. Do resto dos modelos, o ideal sería que tivesen WIFI e GPS aparte de unha boa cámara, boa conectividade, etc, etc. E dentro das posibilidades a mellor relación calidade prezo foi o Nokia N81 (en plateado, non en azul) con tarxeta incluída de 2GB con WIFI pero non GPS. O feito de non levar GPS abaratou bastante o prezo, pero como teño un externo, pois podo usalo por Bluetooth sen problema como viña facendo ata agora. O que máis me interesaba era o WIFI para poder facer uso de aplicacións de internet sen gastar demasiado. Pero como ademáis o terminal foi comprado en The Phone House portando a Yoigo coa tarifa “del 8″ por uns 140 eur (incluídos os 30 eur que costou collelo libre conservando a garantía), agora tamén podo usar internet sen medo a pasarme, posto que nunca pagaría máis de 1,20 eur/día. Isto abre un abanico de posibilidades, entre as cales está, por suposto, poder coller o correo en calquera momento, en calquera lugar. Ademáis agora chamo a 8 cent/min, 13 cent/min máis barato do que chamaba antes, o cal supón un aforro considerable. Outra das cousas que me gustaron do terminal é que é compatible coa plataforma N-Gage e, de feito, ven con dous botóns “extra” no lado do auricular para poder xogar en horizontal ao estilo PSP.
n81_gaming

En contrapartida, o primeiro que me disgustou do meu novo móbil, é que o levar Symbian OS 9.1 (S60 3rd Edition), o programa co que soía ler libros o RepliGo, que deixou de dar soporte para Symbian, non era compatible e non o podía instalar. Rapidamente me puxen a buscar algunha alternativa e quedei abraiado ante MobiReader (de Mobipocket) un software GRATUITO para crear documentos no PC e poder visualizalos no móbil. A verdade é que é absolutamente perfecto, soporta o mesmo que o outro (escalado, texto flotante, memorización do último punto de lectura, etc.), pero tratándose dun producto libre con grande soporte. Con respecto a cámara, bueno son 2 Megapixels con flash, pero como para sacar fotos teño a miña flamante cámara Canon PowerShot A700, pois xa é máis que suficiente (tampouco era algo que me preocupase do móbil).

Bueno, concluíndo, teño que dicir que estou moi contento con meu novo móbil con tarxeta de 2GB incluída, agora xa son capaz de sincronizar o calendario e tarefas co outlook facilmente (co Nokia 6600 via bluetooth e o PC Suite específico era unha tarefa imposible), podo escoitar música cunha calidade incrible cos seus botóns de acceso directo (o teléfono é compatible coa serie XpressMusic) , podo xogar coa plataforma N-Gage, e podo disfrutar de internet via WIFI. Pero iso non e todo, cada día descubro máis e máis cousas. Xa as irei comentando…


Síndrome de Atención Deficiente Activado por la Edad

9 Abril 2008

Reflexión

Normalmente aborrezo os múltiples correos-paridas-basura que recibo, que por certo, este tipo de correos xa empeza a ser un auténtico Spam a pesar de vir de coñecidos (sobre todo os que mandan videos adxuntos de tropecentos megas en vez dun enlace a Youtube como está mandado). Pero de vez en cando chegan cousas curiosas, non se pode negar, e hoxe a verdade é que houbo un que me chamou a atención. Non sei se pola miña forma de ser ou pola idade, pero resultoume familiar: :P

Me han diagnosticado que padezco SADAE: Síndrome de Atención Deficiente Activado por la Edad.

Se manifiesta así:

Decido lavar el coche.
Al ir hacia el garaje, veo que hay correo en la mesita de la entrada.
Decido echar un vistazo a las cartas antes de lavar el coche.
Dejo las llaves del coche en la mesita, voy a tirar los sobres vacíos y los anuncios en el cubo de la basura y me doy cuenta de que está lleno.
Decido dejar las cartas, entre las que hay una factura, en la mesita, y llevar el cubo a vaciar en el contenedor.
Entonces pienso que, ya que voy al contenedor, puedo pagar la factura con un cheque y echarlo en el buzón que está al lado del contenedor.
Saco del bolsillo el talonario de cheques y veo que sólo queda uno.
Voy al despacho a buscar otro talonario y encuentro sobre la mesa la Coca Cola que me estaba bebiendo y se me había quedado olvidada.
Retiro la lata para que no se vierta sobre los papeles y noto que se está calentando, por lo que decido llevarla a la nevera.
Al ir hacia la cocina me fijo en que el jarrón de flores de la cómoda de la entrada está sin agua.
Dejo la Coca Cola sobre la cómoda y descubro las gafas de cerca que he estado buscando toda la mañana.
Decido llevarlas a mi escritorio en el despacho y después, poner agua a las flores.
Llevo las gafas al despacho, lleno una jarra de agua en la cocina y de repente, veo el mando del televisor.
Alguien se lo ha dejado en la mesa de la cocina.
Me acuerdo que anoche lo estuvimos buscando como locos.
Decido llevarlo al salón, donde debe estar, en cuanto ponga el agua a las flores.
Echo un poquito de agua a las flores y la mayor parte se derrama por el suelo.
Por lo tanto vuelvo a la cocina, dejo el mando sobre la mesa y cojo unos trapos para secar el agua.
Voy hacia el hall tratando de recordar qué es lo que quería hacer con estos trapos.
Al final de la tarde el coche sigue sin lavar, no he pagado la factura, el cubo de la basura está lleno, hay una lata de Coca Cola caliente en la cómoda, las flores siguen sin agua, sigue habiendo un solo cheque en mi talonario, no consigo encontrar el mando de la tele ni mis gafas de cerca, hay una fea mancha en el parquet de la entrada y no tengo ni idea de dónde están las llaves del coche.
Me quedo pensando cómo puede ser que sin haber hecho nada en toda la tarde haya estado todo el rato danzando y me encuentre tan cansad@.


Un bazar chino… en internet!

11 Marzo 2008

De todo, absolutamente de todo hai en DealExtreme (http://www.dealextreme.com), un portal con sede en Hong Kong adicado a vender “cool gadgets” clasificados por seccións (Ordenadores, Electrónica, Accesorios para coche, Hobbies e xoguetes, Móbiles, Videoxogos, Lámparas, iPod, Menaxe do Fogar, Oficina…) no que podes atopar miles de productos MOI BARATOS e sobre todo SEN GASTOS DE ENVÍO. Podería parecer que hai gato encerrado, pero non, teño constancia de que os productos chegan sen ningún problema ó seu destino e incluso envían un correo para preguntarte se quedaches satisfeito co envío. Agora que está tan baixo o dolar, vou aproveitar para facer un pedido… (É vicioso o portal :P )


Lendo libros… no móbil!

6 Marzo 2008

Páxina visualizada con RepliGoPois si, por moi friki que pareza, encántame ler libros no móbil e aproveitar eses 70 minutos de bus casa-traballo diarios. O meu móbil é un Nokia 6600 de fai unha chea de anos, pero ten o Sistema Operativo Symbian 7, gracias ó cal é posible instalar aplicacións entre as cales está por suposto RepliGo de Cerience, para min un dos mellores visores de documentos para móbil que existe, aínda que tristemente parece que a empresa agora está centrada exclusivamente en Blackberry. A flexibilidade que da o RepliGo á hora de visualizar documentos no móbil é espectacular puidendo axustar as liñas de texto ó ancho da pantalla (zoom flotante), cambiar o tamaño da letra, rotar a pantalla… Ademáis é unha aplicación moi lixeira. Evidentemente fai falla facer unha conversión no PC dos documentos a formato RepliGo, pero o resultado vale a pena. De momento levo lidos os 6 libros de Harry Potter (en inglés e castelán) e varios de Stephen King (a ver se vou comentando por aquí a miña opinión dos que vaia lendo) e o certo é que o tempo me pasa voando e ata hai momentos nos que non quero que chege o bus para non interromper a lectura :P .

Entre as vantaxes que lle atopo a ler no móbil están:

  • É un cacharro que sempre levas enriba (non tes que cargar libros aparte)
  • Sácache dun apuro cando te topas cunha longa espera (co odioso q resulta esperar nas colas)
  • Disimula bastante porque parece que estás xogando co móbil (poderían tacharte de moi friki se o descubren ;) )
  • Podes ler de noite sen necesidade de luz externa (ainda que chama máis a atención)
  • Adícaslle máis tempo a lectura (que parece que cada vez cústanos máis ler)

Eu creo que o tema de ler no móbil está moi pouco explotado… Realmente unha vez que te acostumas e superas o friki-shock que supón facelo, é algo moi cómodo. A ver se se estende…

P/D: Sí, gústame Harry Potter! Que pasa! :-P