Mira que non coñecelo ata agora. Un clásico de Carlos Ruiz Zafón como éste hai que lelo está claro. E a verdade non decepciona. Cando me falaron del non sabía moi ben que me ía atopar e a verdade é que me gustou moito. A trama está ambientada nunha Barcelona dos anos 50 e as anotacións históricas do autor conseguen que te sumerxas naquela época perfectamente. Trátase dunha historia entrelazada entre familias humildes e adiñeiradas, fillos ilexítimos, amores imposibles e sobre todo… intriga. Todo xira en torno a un escritor Julián Carax e da historia da súa vida que un rapaz, Daniel Sampere, intenta averiguar despois de quedar maravillado cunha das súas obras en perigo de extinción. O argumento está moi ben pensado e engancha desde o primeiro momento. Quizáis o único defecto é que ao final se resolven todos os misterios moi de repente e non sempre de forma coherente, pero é algo que non afecta ao sabor final que deixa o libro. Moi recomendado.
Ender el Xenocida
16 Maio 2009
Terceira entrega da Saga de Orson Scott Card. Como soe ocorrer, despois de dúas entregas (El juego de Ender e La voz de los muertos), a historia vai perdendo un pouco de forza, pero segue enganchando coma a primeira. E é que Ender el Xenocida, continúa exactamente onde termina a historia anterior. Pero nesta ocasión entra en escena un novo mundo “El Sendero”, que basea a súa existencia nos desexos dos Deuses que elixen entre a poboación a “agraciados” aos que se lles dota do “don” de poder falar con eles para guialos. A trama segue xirando en torno a Lusitania, ameazada polo Congreso que dirixe os 100 mundos por entrar en contacto coa especie nativa (os Pequeninos) alterando a súa evolución normal. O planeta decide illarse do resto dos mundos cortando toda comunicación filótica, pero as cousas empeoran cando algúns agraciados de El Sendero descubren a verdade sobre Ender e Lusitania. Ademáis descóbrese que o virus da descolada co que convivían no planeta parece ter intelixencia e altera xenéticamente o seu entorno para adaptalo as súas necesidades. Jane segue en escena, fiel a Ender que finalmente consegue resucitar á Reina Colmena en Lusitania. Pouco a pouco se van aclarando todas esas lagunas que viñan das anteriores entregas e se despexan as incógnitas de todas as especies que conviven en Lusitania. Quizáis contra o final Scott Card se pasa un pouco de rosca recuperando personaxes do “pasado”, pero así e todo a saga non perde consistencia e paga a pena seguila.
La voz de los muertos
24 Febreiro 2009
A saga continúa. Esta segunda entrega de Orson Scott Card continúa a historia desde onde quedou en El juego de Ender. A primeira parte do libro é un pouco densa pola grande cantidade de información (varias linguas, moitos nomes…), pero pouco a pouco o libro vai collendo ritmo e acaba por enganchar igual que o fixo o primeiro. A verdade é que o estilo do autor gústame moito, sabe como describir as escenas e darlles ese punto que consegue emocionarte nos momentos que hai que facelo. A historia fala da expansión da raza humana trala aniquilación dos Insectores. Así as colonias de humanos se reparten en 100 mundos e nun deles, Lusitania, aparece unha nova especie, os Pequeninos. Esta raza semella ser intelixente e os humanos conseguen contactar con eles, pero deciden estudialos sen interferir na súa evolución, algo que non sempre é posible. Esta nova raza, a pesar de estar menos evolucionada, consegue ensinarlle aos humanos unha serie de valores, moitos deles conflictivos. As circunstancias que rodean esta convivencia de razas en Lusitania leva a Ender, o portavoz dos mortos, a viaxar a ese planeta onde atopará unhas condicións óptimas para revivir á Reina Colmena. Pero o camiño non é doado, a pesar de contar coa axuda de Jane (encántame ese ente). Despois de ler este libro teño moi claro que vou continuar co seguinte.
El juego de Ender
18 Xaneiro 2009
¡Pedazo de libro! Recomendáronmo e a verdade é que me encantou. Parece ser que o autor, Orson Scott Card, despois do éxito obtido, escribiu toda unha saga que por suposto espero poder ler. A historia está ambientada nun futuro no que a humanidade está atemorizada polos denominados insectores, unha raza de insectos intelixentes que atacaron a Terra en varias ocasións, afortunadamente sen éxito. Os gobernos son conscientes do potencial desta raza inimiga e por iso tratan de estar preparados para un novo ataque. Así, Ender, é elixido para ser o comandante das tropas terrícolas. Ender é un neno de 6 anos, o menor de 3 irmáns, e por tanto mal visto nunha sociedade na que se limita o número de fillos para evitar superpoboación. Pero Ender, o terceiro, é o último intento de conseguir un comandante perfecto. Ao igual que os seus irmáns, foi concibido coma un xenio con ese fin, pero a diferencia deles, Ender ten o grao xusto de bondade é violencia, o primeiro moi presente na súa querida irmá Valentine e o segundo no seu odiado irmán Peter co que sempre se levou mal. Ender é levado primeiro á Escola de Batalla onde se formará a base de loitas de batallóns formadas por nenos elixidos como el. Pero a pesar da presión á que está sometida, Ender consegue destacar por riba de todos alcanzando a Escola de Alto Mando en tempo record. Esta escola é a proba final antes de poder dirixir as tropas terrícolas cara á victoria e por iso a presión é máis forte que nunca. Entrementres, Valentine e Peter conseguen facerse pasar por adultos ocultando as súas identidades e acadan gran recoñecemento nar Redes sociais, conseguindo posicionarse estratéxicamente para chegar ao poder cando a guerra cos insectores acabe e evitar así unha guerra mundial. A novela engancha desde o primeiro momento e a pesar de ter como protagonistas nenos, enseguida te das conta de que son nenos moi especiais aos que lles acabas collendo cariño. Desde logo “El Juego de Ender” é un libro de obrigada lectura se che gusta a ciencia ficción. Había un proxecto da Warner para facer a película, pero parece ser que todo quedou en nada, principalmente porque os protagonistas son nenos aos que se lles inculca a arte da guerra…
El fugitivo (The running man)
2 Novembro 2008
Bueno, pois xa rematei outro libro máis. A verdade é que me gustou moito. “El fugitivo” (título original: The running man) é unha das mellores novelas Stephen King que escribiu baixo o seudónimo de Richard Bachman. Está ambientada nun futuro contaminado onde existe unha grande diferencia social. Os barrios pobres apenas gañan para sobrevivir e unha das poucas saídas que teñen é participar en concursos de Libre-Visión, a televisión que entretén as clases altas a costa do sufrimento dos pobres. O protagonista, Ben Richards decide participar para poder salvar a súa filla enferma, e consigue ser elexido para o concurso estrela: El Fugitivo. O obxectivo do concurso é conseguir escapar durante un mes embolsando cartos por cada día transcorrido. O premio final é millonario, pero o risco moi grande, xa que existe un equipo de cazadores con ordes de matar que lle van seguindo a pista moi de cerca. Ademáis a dirección do concurso distorsiona a realidade para que toda a poboación colabore para atrapalo (incluso dando xenerosas recompensas) e iso, sumado á obrigación do protagonista a ter que enviar unha gravación de vídeo todos os días, dificulta enormamente a fuxida. A novela ten moito ritmo e a verdade é que engancha desde o principio. Quizáis o final empaña un pouco a obra, xa que podía ser resolto dunha forma menos “a la americana”. Aínda así doulle unha puntuación moi alta. Recomendadísimo.
E por certo que existe unha adaptación cinematográfica moi pouco fiel ao libro rotagonizada por Arnold Schwarzenegger titulada “Perseguido” de 1987. Creo recordar que a pesar de non seguir moito o libro, a peli non estaba al de todo (tendo en conta a relativa antigüidade).
Ensaio sobre a lucidez
3 Xullo 2008
Estou deixando pasar o tempo sen acordarme de comentar o último libro que acabei de ler. O título enseguida incita a pensar en “Ensaio sobre a cegueira“, pero cando empezas a lelo e ves que fala sobre un proceso electoral, describindo os distintos partidos políticos, a cousa non pinta moi ben. A dicir verdade ata se fai un pouco pesado. Pero continuar lendo ten premio, e dos gordos… En primeiro lugar sucede algo inverosímil, unha maioría aplastante dos votos da capital son en branco, así que deciden repetir as eleccións, aínda que obtendo exactamente o mesmo resultado. Enfadado, o goberno decide sitiar a cidade por medo a que se estenda esa especie de “virus”, así que a castigada poboación queda o seu libre albedrío, sen ningún tipo de autoridade que os controle. Pero curiosamente a vida segue o seu curso con total normalidade… ata que o goberno decide “escarmentalos” facendo algunhas actuacións indecentes para que reine o caos sen chegar a conseguilo. Ata aí un libro que incita á reflexión sobre a solidez do sistema democrático, pero a partir da metade do libro, descúbrese que estas eleccións teñen lugar 4 anos despois do acontecido en “Ensaio sobre a cegueira“. Parece ser que despois daquel suceso tan tráxico houbo un silencio total por parte de todos os afectados, que preferiron olvidar canto antes a desagradable experiencia. Pero o goberno entérase de que naqueles días houbo unha muller que non quedara cega e deciden investigala por temor a que estea relacionada de algunha maneira co voto en branco colectivo. É entón cando te vas enterando do que aconteceu despois do primeiro libro e empezas a relacionalo todo. A conclusión é que finalmente “Ensaio sobre a lucidez” convértese nunha especie de prólogo de “Ensaio sobre a cequeira” que vale a pena ler se che gustou moito (como a min). Iso si, non hai que olvidar que o libro ten un estilo de ensaio, con moitas partes nas que se lle dan voltas e voltas as cousas, ainda que co peculiar selo do maestro Saramago…
Ensaio sobre a cegueira
27 Maio 2008
Que pedazo de libro! Teño que dicir que é un dos mellores libro que lin. Saramago é moito Saramago e esta obra é unha proba máis diso. Encántame o estilo con que conta as cousas, a facilidade coa que te metes en situación e te empapas de todo o que está ocorrendo no libro. Tal é así que me sorprendía a min mesmo podendo ver cada vez que deixaba de ler a historia dese mundo cego. Realmente é un libro impactante, que invita á reflexión. Á reflexión de verdade, a valorar moitas cousas que non valoramos, a ver o mundo con outra perspectiva. É un libro duro, pero que hai que ler.
E menuda sorpresa cando descubrín que en breve van estrenar a película (Blindness). Que emoción!!! O trailer ten moi boa pinta, espero que non a caguen é que sexan fieis á historia orixinal… Polo menos Saramago parece contento co resultado, como se comenta neste artigo de El País.
La mitad siniestra
5 Maio 2008
Outro libro de Stephen King acabado. A verdade é que enganchan, pero cando les moitos apetece cambiar un pouco de estilo… Este ó principio decepcionoume un pouco, parecía un pouco parado e sen demasiada chicha, pero a medida que ían avanzando os capítulos as cousas púxeronse cada vez máis e máis interesantes. A historia xira en torno a un escritor (Thad) que consegue alcanzar o seu máximo apoxeo baixo o pseudónimo de George Stark escribindo libros dun asasino chamado Alexis Machine onde non se escatima en detalles sobre os seus delitos. Pero alguén descubre que son a mesma persoa Stark e Thad, así que deciden dalo ca coñecer públicamente e celebrar un enterro simbólico por Stark ante os medios. Pouco despois do enterro simulado comeza a haber unha serie de asasinatos de persoas relacionadas con Thad e a súa profesión, ata que empezan a sospeitar de que a invención de Stark cobrou vida en algún momento e está vengándose dos que decidiron acabar con el. Thad, a súa esposa e os 2 xemelgos que teñen están en perigo, aínda que contan coa axuda do sheriff da zona (que non se acaba de crer o que está pasando) e duns animaliños moi singulares presentes durante toda a obra: os gorrións. Ó final temos unha especie de Dr. Jekyll e Mr. Hyde, xa que Stark está máis vinculado a Thad do que se podía imaxinar…
La zona muerta
11 Marzo 2008
Hoxe acabei de ler (no móbil) La zona muerta, un libro de Stephen King moi entretido, como case todos os que levo lido del. A verdade é que escribe de tal forma que consegue envolverte por completo coa trama, e esa peculiar forma que ten de describir as cousas consegue engancharte desde o primeiro momento. Este libro en cuestión gustoume bastante, trata dun profesor namorado que ten un accidente moi grave e permanece en coma 5 anos, tralos cales esperta cunha especie de “poderes” que lle permiten ter “premonicións” sobre o que lle vai acontecer as persoas con so tocalas. A historia conta a vida deste personaxe antes e despois da traxedia e todo o que lle supón eses “poderes”, cun final que invita á reflexión. Ten algunhas connotacións políticas americanas dos anos 70 (pouco relevante para min), pero está todo ben entrelazado e non se fai nada aburrido. Recomendado.
Publicado por unfeixedebits
Publicado por unfeixedebits
Publicado por unfeixedebits