iPod Shuffle vs. Zen Stone Plus

20 Abril 2008

Zen Stone Plus vs. iPod Shuffle

Bueno, pois como foi o meu cumpre e as tecnoloxías sempre están na cabeza da lista, regaláronme un iPod Shuffle de 1GB que sutilmente pedira. Pero non me convenceu. Despois de probalo deime conta de que tiña algunhas características que non me agradaban demasiado. Está claro que o iPod Suffle ten un obxectivo moi contreto, insertar tropecentas cancións que che gustan para poder escoitalas aleatoriamente sen importarche a orde (coma unha radio personalizada). O problema é evidente: ¿que pasa se un día me apetece escoitar tal grupo, ou un determinado tipo de música? Pois que hai que enchufar o iPod ó PC para cargalo so co desexado, xa que non se poden meter carpetas con MP3 (nin tan sequera ficheiros MP3 a pelo). Para introducir cancións no iPod hai que usar forzosamente o iTunes que crea unha serie de carpetas ocultas no iPod onde se gardan os arquivos MP3 con nomes codificados (renómbranse cando se copian). Así se constrúe unha especie de base de datos no aparato que impide poder identificar os ficheiros no caso de querer copialos noutro equipo. Outro gran defecto é que so se poden pasar as cancións de unha en unha, o cal quere dicir que para chegar á canción 150 hai que pulsar 150 veces o botón “Adiante” ou poñer en modo shuffle e ter un pouco de sorte (que lles costaba ter algún modo que saltase cancións de 10 en 10 por exemplo). En fin, que por estes defectos decidín ver outros reproductores e o que máis me convenceu foi o Zen Stone Plus de 2GB (por apenas 5€ máis). Non é que sexa ningunha cousa espectacular, pero por un prezo similar, ten o doble de capacidade, unha pantalliña OLED onde se pode ver a información das cancións e buscar nas carpetas, ten un ecualizador configurable, radio FM, micrófono, cronómetro, data e hora. O tamaño é un pouco maior e o acabado en plástico peor que o moderno aluminio do iPod, pero compensa. Os dous teñen unha resposta en frecuencia de 20Hz a 20KHz, pero hei de recoñecer que o sonido do iPod era francamente bo, aínda que o Zen co respaldo de Creative, non sona nada mal (e sempre está o ecualizador).

iPod Shuffle (1GB) – 45€

pros: deseño, tamaño, peso, acabado, calidade de sonido, pinza, moitos complementos, poder decir “teño un iPod”, batería integrada recargable (por USB), 12 horas de autonomía.

contras: non admite carpetas, so se poden cargar MP3 co iTunes, estructura de ficheros propietaria e oculta, non ten pantalla, so se pode avanzar de unha en unha canción, so admite reproducción continua ou aleatoria.

Zen Stone Plus (2GB) – 49.90€

pros: pantalla OLED, navegación por carpetas, ecualización personalizada, radio FM, cronómetro, data e hora, grabadora de voz, tamaño e peso, respaldo de Creative, bastantes complementos, batería integrada recargable (por USB), 9.5 horas de autonomía.

contras: menús mellorables (pouco intuitivos), ralentización dos menús en modo reproducción, móstrase o título da canción actual, pero non o artista, carcasa de plástico, colores moi cantosos, deseño mellorable.

En conclusión estou contento co cambio, imaxino que de querer un iPod necesitaría un nano como mínimo para ter as funcionalidades desexadas, pero xa se dispara o prezo e o tamaño é un pouco excesivo para facer exercicio con el.


Eurovisión 2008… salvada?

12 Marzo 2008

Non podo evitar comentar algo ó respecto. Realmente creo que o tiro lles saiu pola culata na selección do grupo, pero paradóxicamente estou convencido de que ó final van conseguir o obxectivo de salvar Eurovisión. Está claro que coa polémica que se xerou este ano con Rodolfo Chikilicuatre, o índice de audiencia vai ser alarmante. E non so por España, que parece que Irlanda, Croacia e outros tamén teñen a súa excelente “contribución”… Supoño que o fallo foi permitir que calquera canción se presentase. Se querían algo máis serio, o lóxico sería facer un prefiltrado… Imaxino que algún grupos máis serios se sentirán ofendidos, pero o público decide!

Aproveito para comentar o dos fenómenos dos personaxes que saltan á fama no momento máis inesperado e marcan á sociedade durante un tempo. Parece que a sociedade necesita deses fenómenos cada certo tempo, e non é algo novo, así que me veñan á cabeza, están “No siento las piernas”, “Chikito de la Carzá”, “Carlos Jesú”, “Cuñaaaao”, “Pozzí”, “La Pantoja de Puerto Rico (Y eeeeso!)”, “El Neng”… E estes fenómenos alimentan a maquinaria da telebasura durante unha boa temporada e nos taladran ata que nos acaba gustando (para posteriormente odialo)… TV’s power!


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.