Explo Control: Un invento para evitar explosións

5 Novembro 2008

Hoxe enviáronme un enlace moi interesante dun invento dun tal Eduardo Díaz del Río que consigue evitar explosións con gas e combustibles. Trátase dunha especie de tapón feito de non sei que aleacións que apenas ocupa volúmen e que absorve a enerxía da onda calorífica evitando o aumento de presión e a conseguinte explosión. O curioso é que parece que hai unha especie de complot para evitar que se implante. Evidentemente serían costes extras para moitas compañías, pero que hai da nosa seguridade? Realmente penso que valería a pena, e se non xulgar vos mesmos despois de ver este vídeo de “El hormiguero” no que o autor realiza varias demostracións espectaculares:

[Fuente]

[Web Expo Control]


Eurovisión 2008… salvada?

12 Marzo 2008

Non podo evitar comentar algo ó respecto. Realmente creo que o tiro lles saiu pola culata na selección do grupo, pero paradóxicamente estou convencido de que ó final van conseguir o obxectivo de salvar Eurovisión. Está claro que coa polémica que se xerou este ano con Rodolfo Chikilicuatre, o índice de audiencia vai ser alarmante. E non so por España, que parece que Irlanda, Croacia e outros tamén teñen a súa excelente “contribución”… Supoño que o fallo foi permitir que calquera canción se presentase. Se querían algo máis serio, o lóxico sería facer un prefiltrado… Imaxino que algún grupos máis serios se sentirán ofendidos, pero o público decide!

Aproveito para comentar o dos fenómenos dos personaxes que saltan á fama no momento máis inesperado e marcan á sociedade durante un tempo. Parece que a sociedade necesita deses fenómenos cada certo tempo, e non é algo novo, así que me veñan á cabeza, están “No siento las piernas”, “Chikito de la Carzá”, “Carlos Jesú”, “Cuñaaaao”, “Pozzí”, “La Pantoja de Puerto Rico (Y eeeeso!)”, “El Neng”… E estes fenómenos alimentan a maquinaria da telebasura durante unha boa temporada e nos taladran ata que nos acaba gustando (para posteriormente odialo)… TV’s power!


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.