O meu regalo de Reis atrasado Pero a espera pagou a pena. Non foi doado elixir o modelo que ía reemprazar ao meu lexendario Nokia 6600, pero finalmente tratando de buscar un equilibro calidade prezo, decanteime por este. O que sí tiña claro é que tiña que ser un Nokia, máis aínda despois de comprobar as virguerías das últimas versións do Nokia PC Suite. Estiven barallando a opción de coller o Nokia 5800 XpressMusic con pantalla táctil, pero despois de telo nas miñas mans, decepcionoume un pouco, tanto no acabado como no manexo. Unha das principais pegas que lle atopei foi que tan so tiña 3 botóns debaixo da pantalla, anulando toda opción de xogar aos xogos de toda a vida. Do resto dos modelos, o ideal sería que tivesen WIFI e GPS aparte de unha boa cámara, boa conectividade, etc, etc. E dentro das posibilidades a mellor relación calidade prezo foi o Nokia N81 (en plateado, non en azul) con tarxeta incluída de 2GB con WIFI pero non GPS. O feito de non levar GPS abaratou bastante o prezo, pero como teño un externo, pois podo usalo por Bluetooth sen problema como viña facendo ata agora. O que máis me interesaba era o WIFI para poder facer uso de aplicacións de internet sen gastar demasiado. Pero como ademáis o terminal foi comprado en The Phone House portando a Yoigo coa tarifa “del 8″ por uns 140 eur (incluídos os 30 eur que costou collelo libre conservando a garantía), agora tamén podo usar internet sen medo a pasarme, posto que nunca pagaría máis de 1,20 eur/día. Isto abre un abanico de posibilidades, entre as cales está, por suposto, poder coller o correo en calquera momento, en calquera lugar. Ademáis agora chamo a 8 cent/min, 13 cent/min máis barato do que chamaba antes, o cal supón un aforro considerable. Outra das cousas que me gustaron do terminal é que é compatible coa plataforma N-Gage e, de feito, ven con dous botóns “extra” no lado do auricular para poder xogar en horizontal ao estilo PSP.
En contrapartida, o primeiro que me disgustou do meu novo móbil, é que o levar Symbian OS 9.1 (S60 3rd Edition), o programa co que soía ler libros o RepliGo, que deixou de dar soporte para Symbian, non era compatible e non o podía instalar. Rapidamente me puxen a buscar algunha alternativa e quedei abraiado ante MobiReader (de Mobipocket) un software GRATUITO para crear documentos no PC e poder visualizalos no móbil. A verdade é que é absolutamente perfecto, soporta o mesmo que o outro (escalado, texto flotante, memorización do último punto de lectura, etc.), pero tratándose dun producto libre con grande soporte. Con respecto a cámara, bueno son 2 Megapixels con flash, pero como para sacar fotos teño a miña flamante cámara Canon PowerShot A700, pois xa é máis que suficiente (tampouco era algo que me preocupase do móbil).
Bueno, concluíndo, teño que dicir que estou moi contento con meu novo móbil con tarxeta de 2GB incluída, agora xa son capaz de sincronizar o calendario e tarefas co outlook facilmente (co Nokia 6600 via bluetooth e o PC Suite específico era unha tarefa imposible), podo escoitar música cunha calidade incrible cos seus botóns de acceso directo (o teléfono é compatible coa serie XpressMusic) , podo xogar coa plataforma N-Gage, e podo disfrutar de internet via WIFI. Pero iso non e todo, cada día descubro máis e máis cousas. Xa as irei comentando…
Curioseando entre as noticias de Genbeta atopei este post tan curioso. Trátase dun invento da empresa Metaio chamdo Unifeye Print que detecta determinadas imaxes de revistas ou libros desde a webcam do PC e mostra as imaxes en 3D coa información extra vinculada. O efecto recorda a eses libros que tanto nos gustaban de pequenos que abres e desplegan figuras en relieve de cartulina. Realmente me gusta o enxeño, ocórreseme que poderían dar un código coas revistas para poder acceder a eses contidos extra desde o PC ou facelo de forma gratuita se fose publicidade (sería un bo reclamo).
Bueno, pois como foi o meu cumpre e as tecnoloxías sempre están na cabeza da lista, regaláronme un iPod Shuffle de 1GB que sutilmente pedira. Pero non me convenceu. Despois de probalo deime conta de que tiña algunhas características que non me agradaban demasiado. Está claro que o iPod Suffle ten un obxectivo moi contreto, insertar tropecentas cancións que che gustan para poder escoitalas aleatoriamente sen importarche a orde (coma unha radio personalizada). O problema é evidente: ¿que pasa se un día me apetece escoitar tal grupo, ou un determinado tipo de música? Pois que hai que enchufar o iPod ó PC para cargalo so co desexado, xa que non se poden meter carpetas con MP3 (nin tan sequera ficheiros MP3 a pelo). Para introducir cancións no iPod hai que usar forzosamente o iTunes que crea unha serie de carpetas ocultas no iPod onde se gardan os arquivos MP3 con nomes codificados (renómbranse cando se copian). Así se constrúe unha especie de base de datos no aparato que impide poder identificar os ficheiros no caso de querer copialos noutro equipo. Outro gran defecto é que so se poden pasar as cancións de unha en unha, o cal quere dicir que para chegar á canción 150 hai que pulsar 150 veces o botón “Adiante” ou poñer en modo shuffle e ter un pouco de sorte (que lles costaba ter algún modo que saltase cancións de 10 en 10 por exemplo). En fin, que por estes defectos decidín ver outros reproductores e o que máis me convenceu foi o Zen Stone Plus de 2GB (por apenas 5€ máis). Non é que sexa ningunha cousa espectacular, pero por un prezo similar, ten o doble de capacidade, unha pantalliña OLED onde se pode ver a información das cancións e buscar nas carpetas, ten un ecualizador configurable, radio FM, micrófono, cronómetro, data e hora. O tamaño é un pouco maior e o acabado en plástico peor que o moderno aluminio do iPod, pero compensa. Os dous teñen unha resposta en frecuencia de 20Hz a 20KHz, pero hei de recoñecer que o sonido do iPod era francamente bo, aínda que o Zen co respaldo de Creative, non sona nada mal (e sempre está o ecualizador).
pros: deseño, tamaño, peso, acabado, calidade de sonido, pinza, moitos complementos, poder decir “teño un iPod”, batería integrada recargable (por USB), 12 horas de autonomía.
contras: non admite carpetas, so se poden cargar MP3 co iTunes, estructura de ficheros propietaria e oculta, non ten pantalla, so se pode avanzar de unha en unha canción, so admite reproducción continua ou aleatoria.
pros: pantalla OLED, navegación por carpetas, ecualización personalizada, radio FM, cronómetro, data e hora, grabadora de voz, tamaño e peso, respaldo de Creative, bastantes complementos, batería integrada recargable (por USB), 9.5 horas de autonomía.
contras: menús mellorables (pouco intuitivos), ralentización dos menús en modo reproducción, móstrase o título da canción actual, pero non o artista, carcasa de plástico, colores moi cantosos, deseño mellorable.
En conclusión estou contento co cambio, imaxino que de querer un iPod necesitaría un nano como mínimo para ter as funcionalidades desexadas, pero xa se dispara o prezo e o tamaño é un pouco excesivo para facer exercicio con el.