Que podo dicir desta grande serie que supuxo un verdadeiro fenómeno a nivel mundial. Comecei a vela desde o principio (hai 6 anos xa!), e unha vez enganchado xa non puiden evitar, como outros moitos, descargar os episodios recén saídos de USA e agardar impacientemente os subtítulos en español para disfrutar dunha nova entrega en versión orixinal. E ao terminar, por suposto, a consultar os foros de lostzilla.net onde había teorías do máis disparatadas para tratar de dar explicación aos novos misterios que ían aparecendo. Creo que unha das claves do éxito da serie foi ese formato “historia” que se alonxaba dos clásicos episodios autocontidos que tiñan prácticamente todas as series. Evidentemente para os guionistas supuxo un reto, pero J.J. Abrams despois da súa experiencia con Alias, soubo como enfocar moi ben a serie e manter ao público enganchado como nunca antes estivera. A verdade é que o casting tamén foi moi acertado e as entrañables personaxes deron a talla durante todas as tempadas. É certo que as primeiras foron as mellores, as que máis impacto causaron, pero creo que souberon como evolucionar para que non perdera esa esencia que tan ben caracterizaba a serie. Recordo que inicialmente se falaba de que os productores comentaran que todo o que pasaba na illa tiña unha explicación racional, pero creo que co paso do tempo, iso foi algo ao que tiveron que renunciar para poder sacar adiante novas tempadas. O concepto de flashback foi realmente innovador e revelador. Todos disfrutamos averiguando cousas do pasado das personaxes, sobre todo porque daban pistas do que podía estar acontecendo na illa. Recordo ver nos comentarios dos DVDs a explicación da idea inicial sobre a que se concebiu a serie que era a de considerar a illa coma unha personaxe máis. Creo que iso foi tamén unha clave importante para que a serie triunfase.
E agora Lost chegou ao seu fin e creo que foi un acerto non prolongalo máis para que non se degradara a calidade. Probablemente a xente seguiría vendo 2 ou 3 tempadas máis, pero creo que foi boa idea terminar antes de que a serie decaera para gardar un grato recordo dela. Quizáis ao final non se deron todas as expliacións que se esperaban, pero foi un final aberto, como foi sempre a serie, que invita á reflexión e a esperanza de que algún día volvamos ver as personaxes en acción (nunha película?). O tempo dirá, pero polo pronto o DVD da última tempada incluirá material inédito con algunhas explicacións máis que esperaremos ansiosos…


Publicado por unfeixedebits