
Splinter Cell: Double Agent
Despois de Splinter Cell: Chaos Theory e o seu magnífico xogo cooperativo con movementos específicos, pensaba que a nova entrega da saga ía continuar na mesma liña. Pero non podía estar máis equivocado, o modo multixogador pódese considerar un xogo distinto: distintos personaxes, distintos movementos, distintos obxectivos… Limítase a ter que acceder a uns servidores sen ser visto, aínda que tamén podes xogar a defender como soldado. Francamente pareceume moi aburrido. Sen embargo en modo campaña individual a cousa pinta de outro color. Sam vese involucrado nunha historia máis complicada que nunca. Primeiro na prisión onde tes que tratar de escapar “a lo Prison Break” axundando a un delincuente que che abrirá as portas da organización terrorista na que te tes que infiltrar.

Despois, tomando como referencia a base da organización, tes que ir superando unha serie de probas e encargos como infiltrado sen ser descuberto. Viaxas a diferentes lugares onde tes que cumplir coas misións encomendadas pola organización terrorista, sempre tendo en conta as ordes do teu xefe real.

Os mapas están moi ben recreados e pasan por barcos, neve, calles dunha cidade en guerra… Tamén hai novos movementos nos que podes agarrar aos inimigos cando estás debaixo deles nun balcón e tiralos abaixo. Quizáis unha diferenza que hai co anterior título é que non tes que ser necesariamente tan sixiloso e avanzas un pouco máis rápido, de modo que o xogo dura menos. E como novidade hai diferentes puntos nos que tes que tomar decisións que ou ben baixan a confianza dos terroristas ou do teu xefe, algo no que te tes que fixar durante todo o xogo, pois debes ter a ambos contentos. Algunhas desas decisións afectan ademáis á trama posterior do xogo.

O final do xogo deixa entrever que a saga continuará e espero que melloren os moitos fallos que tiveron en este, como o modo cooperativo ou distintos bugs durante o xogo que nin o último parche solventou.
Publicado por unfeixedebits 


Pois fíxoseme moi corto. Pero a perfección da anterior entrega mantívose intacta, de modo que non hai queixa. A verdade é que Crysis pasará á historia por ser o primeiro videoxogo en contar con escenarios realistas. E por realistas refírome a escenarios sensibles, que se destrozan de verdade cando chocas cun vehículo ou explota unha granada. É unha das mellores cousas do xogo, confiar en que detrás dunha parede estás a salvo e observar como a parede se vai desfacendo cando te disparan. Menos mal que contamos coa invisibilidade do nanotraxe. O apartado gráfico segue espectacular e a xogabilidade tamén. A principal diferencia desta segunda entrega é que xa non xogamos con Nomad, senon con Phycho, pero a intensidade do xogo non varía. Quizáis a única pega que lle atopei é que a historia é un pouco difícil de seguir. Tes obxectivos moi ben marcados no mapa e valos seguindo sen problema, pero a trama global non acaba de quedar clara.






A verdade é que despois de ver a peli, facíame ilusión o xogo, pero despois de instalalo e probalo decepcionoume un pouco. Está claro que está pensado para nenos, e non está mal, que conste. É o típico xogo de plataformas 3D con pequenos puzzles que resolver. Está moi ben que aparte de xogar con Wall-E tamén podas xogar con Eva voando, pero é un pouco dificil manexala. O que máis me gustou do xogo é que a historia sigue bastante ben a trama da película, con moitos videos intercalados, de modo que se fai bastante ameno. Ah, e ten sorpresa final despois dos créditos 
Bueno, pois como xa o acabei, toca comentar… A ambientación do xogo é perfecta. Envólvenos nunha atmósfera dos anos 50-60 moi lograda e moi ben acompañada musicalmente. A historia é bastante orixinal: temos un accidente de avión e caemos no océano, curiosamente perto dunha especie de faro no medio da nada que sirve de entrada a un mundo submarino creado nos anos 50 totalmente autónomo chamado Rapture. Pero dese mundo nada máis que nos podemos imaxinar o esplendor que tivo nos seus inicios, xa que está totalmente inmerso nun caos provocado polo descontrol duns experimentos de melloras xenéticas que se estaban a levar a cabo. E os habitantes-mutantes non podían ser outros que unha especie de zombies xenéticamente modificados que non dubidan en atacarte en canto te ven. Enseguida descubrimos a fonte dos seus poderes: o ADAM, unha especie de medicamento vía intravenosa que altera os nosos xenes para darnos poderes inimaxinables. Non dubidamos en aplicalo en nós mesmos cuns resultados espectaculares. A medida que avanza o xogo imos atopando diversos medicamentos xenéticos (plásmidos), que nos dan poderes de todo: telequinesis, poder lanzar lume ou electricidade, facer que os nosos enemigos nos protexan… En fin, algo imprescindible para avanzar no xogo.

