Crysis Warhead

19 Marzo 2009

crysis_warheadPois fíxoseme moi corto. Pero a perfección da anterior entrega mantívose intacta, de modo que non hai queixa. A verdade é que Crysis pasará á historia por ser o primeiro videoxogo en contar con escenarios realistas. E por realistas refírome a escenarios sensibles, que se destrozan de verdade cando chocas cun vehículo ou explota unha granada. É unha das mellores cousas do xogo, confiar en que detrás dunha parede estás a salvo e observar como a parede se vai desfacendo cando te disparan. Menos mal que contamos coa invisibilidade do nanotraxe. O apartado gráfico segue espectacular e a xogabilidade tamén. A principal diferencia desta segunda entrega é que xa non xogamos con Nomad, senon con Phycho, pero a intensidade do xogo non varía. Quizáis a única pega que lle atopei é que a historia é un pouco difícil de seguir. Tes obxectivos moi ben marcados no mapa e valos seguindo sen problema, pero a trama global non acaba de quedar clara.

crysis_warhead2

O armamento do que dispoñemos é prácticamente o mesmo que na primeira parte e os vehículos tamén, de modo que esta segunda parte parece máis unha extensión que un novo xogo. Os inimigos pois novamente os coreanos e os bichos-alieníxenas-con-tentáculos con mega-monstro ao final. A Intelixencia Artificial é correcta.

crysis_warhead31

En conclusión: se che gustou o Crysis, esta nova entrega é imprescindible para seguir disfrutando de toda a esencia deste pedazo de videoxogo.


Tomb Raider UnderWorld

6 Xaneiro 2009

Tomb Raider Underworld

Larita non decepciona. E é que nesta nova entrega recupérase un pouco o espíritu orixinal da saga. Non hai excesiva diferencia coas entregas inmediatamente anteriores, pero si se aprecia unha Lara máis perfeccionada que nunca e con algúns movementos novos como o de escalar por unha parede ou camiñar en equilibrio. De feito agora aparte de mollarse, tamén se mancha e se limpa con auga.

Tomb Raider Underworld
A historia, que continúa desde o punto no que quedara na entrega anterior, engancha desde o primeiro momento, ainda que perde un pouco de forza no transcurso da aventura. Aínda así a ambientación está moi lograda e é unha auténtica delicia pararse a contemplar os escenarios. Pero non é ouro todo o que reluce, no aspecto negativo comentar que tan so aparece un vehículo e que o nivel de dificultade medio non é para nada difícil (aínda que iso fai que avances máis e que enganche máis).

Nótase a orientación consolera do xogo, pero ten unha grande xogabilidade. As armas alternativas utilízanse moi pouco, prácticamente é un mero adorno fronte a títulos anteriores nos que era imprescindible chegar a certos sitios cun bo cargamento de munición.

Tomb Raider Underworld
En conclusión, un título imprescindible para os fans de Lara, pero que quizáis inclina máis a balanza en favor da espectacularidade gráfica que do propio xogo en si, algo moi común nos xogos de última xeración.


Wall-e: o videoxogo

3 Decembro 2008

Videoxogo Wall-eA verdade é que despois de ver a peli, facíame ilusión o xogo, pero despois de instalalo e probalo decepcionoume un pouco. Está claro que está pensado para nenos, e non está mal, que conste. É o típico xogo de plataformas 3D con pequenos puzzles que resolver. Está moi ben que aparte de xogar con Wall-E tamén podas xogar con Eva voando, pero é un pouco dificil manexala. O que máis me gustou do xogo é que a historia sigue bastante ben a trama da película, con moitos videos intercalados, de modo que se fai bastante ameno. Ah, e ten sorpresa final despois dos créditos ;)

wall-e_videoxogo21


Libros e revistas en 3D

30 Outubro 2008

Curioseando entre as noticias de Genbeta atopei este post tan curioso. Trátase dun invento da empresa Metaio chamdo Unifeye Print que detecta determinadas imaxes de revistas ou libros desde a webcam do PC e mostra as imaxes en 3D coa información extra vinculada. O efecto recorda a eses libros que tanto nos gustaban de pequenos que abres e desplegan figuras en relieve de cartulina. Realmente me gusta o enxeño, ocórreseme que poderían dar un código coas revistas para poder acceder a eses contidos extra desde o PC ou facelo de forma gratuita se fose publicidade (sería un bo reclamo).