19 Marzo 2009
Pois fíxoseme moi corto. Pero a perfección da anterior entrega mantívose intacta, de modo que non hai queixa. A verdade é que Crysis pasará á historia por ser o primeiro videoxogo en contar con escenarios realistas. E por realistas refírome a escenarios sensibles, que se destrozan de verdade cando chocas cun vehículo ou explota unha granada. É unha das mellores cousas do xogo, confiar en que detrás dunha parede estás a salvo e observar como a parede se vai desfacendo cando te disparan. Menos mal que contamos coa invisibilidade do nanotraxe. O apartado gráfico segue espectacular e a xogabilidade tamén. A principal diferencia desta segunda entrega é que xa non xogamos con Nomad, senon con Phycho, pero a intensidade do xogo non varía. Quizáis a única pega que lle atopei é que a historia é un pouco difícil de seguir. Tes obxectivos moi ben marcados no mapa e valos seguindo sen problema, pero a trama global non acaba de quedar clara.

O armamento do que dispoñemos é prácticamente o mesmo que na primeira parte e os vehículos tamén, de modo que esta segunda parte parece máis unha extensión que un novo xogo. Os inimigos pois novamente os coreanos e os bichos-alieníxenas-con-tentáculos con mega-monstro ao final. A Intelixencia Artificial é correcta.

En conclusión: se che gustou o Crysis, esta nova entrega é imprescindible para seguir disfrutando de toda a esencia deste pedazo de videoxogo.
Deixa un comentario » |
Xogos | Tagged: 3D, acci, acción, crysis, nomad, phycho, videoxogo, warhead |
Ligazón permanente
Publicado por unfeixedebits
16 Febreiro 2009
Gustoume. A verdade é que as pelis de acción gústanme, e se están ben feitas e derrochan efectos especiais, mellor aínda. Pero non sempre atopas un argumento aceptable (léase Transformers). Neste caso sí que temos un bo argumento (e non, non me refiro a Angelina Jolie), de modo que o resultado final é unha boa película, sobre todo con ese final que ten que escapa un pouco do final típico das películas hollywoodienses. A fantasmada de turno: facer disparos con efecto. Sen embargo está moi ben integrada na peli e realmente é impactante. En resumo, se es amigo das pelis de acción, tes que ver esta.
Deixa un comentario » |
Cine | Tagged: película, dvd, acción, wanted, angelina jolie |
Ligazón permanente
Publicado por unfeixedebits
2 Novembro 2008
Bueno, pois xa rematei outro libro máis. A verdade é que me gustou moito. “El fugitivo” (título original: The running man) é unha das mellores novelas Stephen King que escribiu baixo o seudónimo de Richard Bachman. Está ambientada nun futuro contaminado onde existe unha grande diferencia social. Os barrios pobres apenas gañan para sobrevivir e unha das poucas saídas que teñen é participar en concursos de Libre-Visión, a televisión que entretén as clases altas a costa do sufrimento dos pobres. O protagonista, Ben Richards decide participar para poder salvar a súa filla enferma, e consigue ser elexido para o concurso estrela: El Fugitivo. O obxectivo do concurso é conseguir escapar durante un mes embolsando cartos por cada día transcorrido. O premio final é millonario, pero o risco moi grande, xa que existe un equipo de cazadores con ordes de matar que lle van seguindo a pista moi de cerca. Ademáis a dirección do concurso distorsiona a realidade para que toda a poboación colabore para atrapalo (incluso dando xenerosas recompensas) e iso, sumado á obrigación do protagonista a ter que enviar unha gravación de vídeo todos os días, dificulta enormamente a fuxida. A novela ten moito ritmo e a verdade é que engancha desde o principio. Quizáis o final empaña un pouco a obra, xa que podía ser resolto dunha forma menos “a la americana”. Aínda así doulle unha puntuación moi alta. Recomendadísimo.
E por certo que existe unha adaptación cinematográfica moi pouco fiel ao libro rotagonizada por Arnold Schwarzenegger titulada “Perseguido” de 1987. Creo recordar que a pesar de non seguir moito o libro, a peli non estaba al de todo (tendo en conta a relativa antigüidade).
Deixa un comentario » |
Libros | Tagged: acción, Ben Richards, El Fugitivo, futuro, libro, Perseguido, Richard Bachman, Schwarzenegger, stephen king, The running man, thriller |
Ligazón permanente
Publicado por unfeixedebits
27 Abril 2008
Non quería deixar pasar a ocasión de comentar esta triloxía de acción que puiden ver de forma máis ou menos consecutiva. El caso Bourne empeza cun argumento que engancha, unha historia que recorda un pouco a Desfío Total, no sentido de que o personaxe principal trata de averiguar quen é e todo o rodea a súa persona. Penso que sempre é complicado manter unha liña constante cando se trata de segundas e terceiras partes (véxase Matrix), pero neste caso conseguiron non baixar demasiado o nivel.

Na segunda (El mito de Bourne), penso que debían explotar un pouco máis á compañeira de Bourne, pero bueno. E quizáis e última, El ultimátum de Bourne sexa a máis “fantasma”, pero bueno, imaxino que tiñan que sacar espectacularidade de algún lado unha vez que a trama xa estaba bastante masticada. Hai unha cousa que me gusta moito da triloxía e é a cantidade de países que se mostran, xa que se fai un percorrido turístico por moitas cidades europeas permitindo vislumbrar algo da súa cultura. Foi rodada nada menos que en sete países e 3 continentes, desde Londres a Nueva York, pasando por París, Madrid, Zurich, Tánxer, Moscú, Italia… (fíxome graza ver imaxes dunha persecución polas rúas de París onde aparecía o piso onde estiveramos de vacacións). Penso que é unha triloxía de acción non típica que non decepciona.
Deixa un comentario » |
Cine | Tagged: acción, dvd, Matt Damon, película, triloxía |
Ligazón permanente
Publicado por unfeixedebits