Tras unha longa espera, por fin puiden ir ver A ciegas ao cine. O libro gustárame moitísimo, e a película, da man de Fernando Meirelles coa supervisión do propio Saramago non tiña mala pinta. Despois de vela podo dicir que é correcta, pero non ten esa forza que ten o libro. Recoñezo que debe ser difícil conseguir transmitir ese sentimento de ceguera aos espectadores, e conste que ten boas ideas, como o dese predominio de cor branco durante toda a película. Pero non é o libro. E é que lóxicamente tiveron que omitir moitas escenas do libro para conseguir o formato de película e iso sempre fai que perda puntos. O que si, gustoume moito a escena do can, lamendo as bágoas da muller como no libro, e a parte da cidade sumida no caos, moi parecida a como a imaxinara. Concluíndo podo dicir que é unha película que segue bastante fielmente o libro e por sorte non caeu en mans Hollywoodienses, de modo que me dou por satisfeito. Iso sí, quitaría a voz do narrador.
A ciegas
16 Marzo 2009Ensaio sobre a cegueira
27 Maio 2008
Que pedazo de libro! Teño que dicir que é un dos mellores libro que lin. Saramago é moito Saramago e esta obra é unha proba máis diso. Encántame o estilo con que conta as cousas, a facilidade coa que te metes en situación e te empapas de todo o que está ocorrendo no libro. Tal é así que me sorprendía a min mesmo podendo ver cada vez que deixaba de ler a historia dese mundo cego. Realmente é un libro impactante, que invita á reflexión. Á reflexión de verdade, a valorar moitas cousas que non valoramos, a ver o mundo con outra perspectiva. É un libro duro, pero que hai que ler.
E menuda sorpresa cando descubrín que en breve van estrenar a película (Blindness). Que emoción!!! O trailer ten moi boa pinta, espero que non a caguen é que sexan fieis á historia orixinal… Polo menos Saramago parece contento co resultado, como se comenta neste artigo de El País.
Publicado por unfeixedebits