El juego del ángel

16 Febreiro 2010

Despois de La sombra del viento Carlos Ruiz Zafón volve sorprender con “El juego del ángel”, novela que continúa coa saga, pero esta vez para contarnos a historia de Barcelona uns anos antes que a outra. O autor fixo os deberes e atoparemos innumerables referencias e vínculos entre este e a anterior novela. O protagonista é David Martín, un escritor cun duro pasado que consegue abrirse camiño con novelas policiacas “comerciais”. Ata que coñece a Andreas Cornelli, un misterioso editor que lle encarga unha extraña novela de carácter relixioso que David non pode rexeitar para tratar de mellorar a súa situación económica, física e mental. E é que a muller que sempre amou David, Cristina Sagnier, acaba por casarse obrigada co seu protector e mellor amigo, o ilustre Pablo Vidal. Novamente misterios, intrigas e un desenlace que invita á reflexión. E é que o estilo de Zafón deixa pegada.


La sombra del viento

19 Xuño 2009

La sobra del vientoMira que non coñecelo ata agora. Un clásico de Carlos Ruiz Zafón como éste hai que lelo está claro. E a verdade non decepciona. Cando me falaron del non sabía moi ben que me ía atopar e a verdade é que me gustou moito. A trama está ambientada nunha Barcelona dos anos 50 e as anotacións históricas do autor conseguen que te sumerxas naquela época perfectamente. Trátase dunha historia entrelazada entre familias humildes e adiñeiradas, fillos ilexítimos, amores imposibles e sobre todo… intriga. Todo xira en torno a un escritor Julián Carax e da historia da súa vida que un rapaz, Daniel Sampere, intenta averiguar despois de quedar maravillado cunha das súas obras en perigo de extinción. O argumento está moi ben pensado e engancha desde o primeiro momento. Quizáis o único defecto é que ao final se resolven todos os misterios  moi de repente e non sempre de forma coherente, pero é algo que non afecta ao sabor final que deixa o libro. Moi recomendado.


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.