Número 9

13 Xuño 2010

Curiosa película producida por Tim Burton e Timur Bekmambetov. Trátase dunha peli de animación, cuns personaxes enanos medio de trapo, medio robóticos que teñen o inconfundible selo de Burton. A historia comeza despois de que as máquinas se apoderaran da terra e que esta quedara practicamente aniquilada e sen existencia humana. Pero o impulsor das máquinas que se sublevaron (contra a súa vontade) conseguiu crear unha serie numerada de trapo-robots antes de morrer coa intención de que puideran de algunha forma salvar o mundo. En concreto cando revive o número 9 comeza a búsqueda de respostas e atopa algúns compañeiros que lle axudan a conseguir resolver o misterio que xira en torno as máquinas asesinas que aínda sobreviven. Os escenarios e personaxes son do máis pintoresco, e a película é entretida, aínda que quizáis o argumento non está todo o elaborado que debera.


Avatar 3D

3 Xaneiro 2010

Unha película coma esta, realmente paga a pena vela en 3D. Foi a primeira que vin con este sistema e a verdade é que lógranse uns efectos realmente sorprendentes. Ao principio costa acostumbrarse un pouco e máis cando tes que por as gafas polarizadas por riba das normais, pero como a película dura case 2 horas e media, hai tempo máis que suficiente para afacerse a visión 3D. Entendo que o aspecto 3D foi especialmente coidado nesta película, xa que anunciaron bastante, e iso nótase no resultado final. Penso que a ubicación na sala de cine é algo crucial. Eu vinna desde a fila 5 e a verdade é que impresiona (quizáis a fila 6 sería a ideal). Pero encontreille un par de fallos ao sistema 3D. As escenas rápidas son moi difíciles de seguir, non sei se por culpa das gafas, pero atribula moito. E tamén hai algunas escenas onde saen obxectos 3D en primeiro plano que tamén resultan incómodas de ver. Pero o resto das escenas compensan con creces estes detalles.

Trátase dunha película fantástica, mistura entre “Matrix” e “Los Sustitutos”, na que un minusválido ex-veterano de guerra pode controlar un Avatar (ser creado artificialmente con apariencia alienígena) que debe empaparse da cultura do planeta (Pandora) para tratar de descubrir se é posible negociar o traslado da tribu de tal forma que os terrícolas podan acceder a un mineral moi valioso. Pero as vivencias “virtuais” en Pandora convencen ao marine de que é un error expulsalos da súa terra, de modo que se alía cos científicos para tratar de defender aos indígenas. A trama, se ben non orixinal de todo, é correcta e engancha. Os efectos especiais, a fotografía e as escenas de acción son espectaculares. Quizáis se poda criticar que o mundo alieníxena ten demasiadas similitudes co planeta Terra existindo equivalentes de humanos, de flora e de fauna. Para rematar unha curiosidade: os avatares teñen 5 dedos e os indixenas orixinais 4.


Ender el Xenocida

16 Maio 2009

enderelxenocidaTerceira entrega da Saga de Orson Scott Card. Como soe ocorrer, despois de dúas entregas (El juego de Ender e La voz de los muertos), a historia vai perdendo un pouco de forza, pero segue enganchando coma a primeira. E é que Ender el Xenocida, continúa exactamente onde termina a historia anterior. Pero nesta ocasión entra en escena un novo mundo “El Sendero”, que basea a súa existencia nos desexos dos Deuses que elixen entre a poboación a “agraciados” aos que se lles dota do “don” de poder falar con eles para guialos. A trama segue xirando en torno a Lusitania, ameazada polo Congreso que dirixe os 100 mundos por entrar en contacto coa especie nativa (os Pequeninos) alterando a súa evolución normal. O planeta decide illarse do resto dos mundos cortando toda comunicación filótica, pero as cousas empeoran cando algúns agraciados de El Sendero descubren a verdade sobre Ender e Lusitania. Ademáis descóbrese que o virus da descolada co que convivían no planeta parece ter intelixencia e altera xenéticamente o seu entorno para adaptalo as súas necesidades. Jane segue en escena, fiel a Ender que finalmente consegue resucitar á Reina Colmena en Lusitania. Pouco a pouco se van aclarando todas esas lagunas que viñan das anteriores entregas e se despexan as incógnitas de todas as especies que conviven en Lusitania. Quizáis contra o final Scott Card se pasa un pouco de rosca recuperando personaxes do “pasado”, pero así e todo a saga non perde consistencia e paga a pena seguila.


La voz de los muertos

24 Febreiro 2009

lavozdelosmuertosA saga continúa. Esta segunda entrega de Orson Scott Card continúa a historia desde onde quedou en El juego de Ender. A primeira parte do libro é un pouco densa pola grande cantidade de información (varias linguas, moitos nomes…), pero pouco a pouco o libro vai collendo ritmo e acaba por enganchar igual que o fixo o primeiro. A verdade é que o estilo do autor gústame moito, sabe como describir as escenas e darlles ese punto que consegue emocionarte nos momentos que hai que facelo. A historia fala da expansión da raza humana trala aniquilación dos Insectores. Así as colonias de humanos se reparten en 100 mundos e nun deles, Lusitania, aparece unha nova especie, os Pequeninos. Esta raza semella ser intelixente e os humanos conseguen contactar con eles, pero deciden estudialos sen interferir na súa evolución, algo que non sempre é posible. Esta nova raza, a pesar de estar menos evolucionada, consegue ensinarlle aos humanos unha serie de valores, moitos deles conflictivos. As circunstancias que rodean esta convivencia de razas en Lusitania leva a Ender, o portavoz dos mortos, a viaxar a ese planeta onde atopará unhas condicións óptimas para revivir á Reina Colmena. Pero o camiño non é doado, a pesar de contar coa axuda de Jane (encántame ese ente). Despois de ler este libro teño moi claro que vou continuar co seguinte.


El caballero oscuro

10 Febreiro 2009

batman_dark_knightUnha nova entrega de Batman, pero diferente. A verdade é que se nota unha certa “seriedade” nas últimas películas de Batman, nesta quizáis ven un pouco máis marcada pola caracterización de “El Jocker”, que nunca foi tan “realista”. A película está moi ben feita, ten uns efectos especiais que non decepcionan e un argumento correcto. Pero houbo dúas cousas que vin fora de lugar, unha a actriz principal que non me pareceu a típica “guapísima-chica-de-la-peli”, e a segunda esa forma de mezclar historias nunha especie de 2-en-1 (Jocker e 2 caras). Con todo, é unha peli que vale a pena ver se es amigo da ciencia ficción.


El juego de Ender

18 Xaneiro 2009

El juego de Ender¡Pedazo de libro! Recomendáronmo e a verdade é que me encantou. Parece ser que o autor, Orson Scott Card, despois do éxito obtido, escribiu toda unha saga que por suposto espero poder ler. A historia está ambientada nun futuro no que a humanidade está atemorizada polos denominados insectores, unha raza de insectos intelixentes que atacaron a Terra en varias ocasións, afortunadamente sen éxito. Os gobernos son conscientes do potencial desta raza inimiga e por iso tratan de estar preparados para un novo ataque. Así, Ender, é elixido para ser o comandante das tropas terrícolas. Ender é un neno de 6 anos, o menor de 3 irmáns, e por tanto mal visto nunha sociedade na que se limita o número de fillos para evitar superpoboación. Pero Ender, o terceiro,  é o último intento de conseguir un comandante perfecto. Ao igual que os seus irmáns, foi concibido coma un xenio con ese fin, pero a diferencia deles, Ender ten o grao xusto de bondade é violencia, o primeiro moi presente na súa querida irmá Valentine e o segundo no seu odiado irmán Peter co que sempre se levou mal. Ender é levado primeiro á Escola de Batalla onde se formará a base de loitas de batallóns formadas por nenos elixidos como el. Pero a pesar da presión á que está sometida, Ender consegue destacar por riba de todos alcanzando a Escola de Alto Mando en tempo record. Esta escola é a proba final antes de poder dirixir as tropas terrícolas cara á victoria e por iso a presión é máis forte que nunca. Entrementres, Valentine e Peter conseguen facerse pasar por adultos ocultando as súas identidades e acadan gran recoñecemento nar Redes sociais, conseguindo posicionarse estratéxicamente para chegar ao poder cando a guerra cos insectores acabe e evitar así unha guerra mundial.  A novela engancha desde o primeiro momento e a pesar de ter como protagonistas nenos, enseguida te das conta de que son nenos moi especiais aos que lles acabas collendo cariño. Desde logo “El Juego de Ender” é un libro de obrigada lectura se che gusta a ciencia ficción. Había un proxecto da Warner para facer a película, pero parece ser que todo quedou en nada, principalmente porque os protagonistas son nenos aos que se lles inculca a arte da guerra…


Wall-e

18 Setembro 2008

Gústanme moito as películas infantís feitas por ordenador, recoñézoo. Sobre todo as de Disney Pixar e as de Dreamworks. Wall-e non é unha excepción, pero debo dicir que me pareceu moito menos infantil que as outras. A ver, é unha película que poden ver os nenos perfectamente, pero estou seguro de que non vai ser a súa preferida. E que claro, ese trasfondo que ten, eses paraxes solitarios, esa ausencia de diálogos… danlle un “toque” especial. Non sei, realmente é unha película que enche, das que quedas satisfeito de pagar os cartos no cine ;)


Monstruoso

16 Xuño 2008

MonstruosoUnha nova película con traducción de título libre, en vez de Cloverfield (campo de tréboles), Monstruoso. A película pretende ser orixinal, polo menos en formato, xa que se trata dunha gravación, cámara en mano, dun dos protagonistas encargado de “documentar” a festa de despedida dun amigo. Pero todo o que acontece esa noite non ten cabida en ningún documental. A illa de Manhattan comeza a ser vítima dun ataque de monstruos (algún experimento xenético faillido?) que obriga ó exercito a intervir e desaloxar a illa. Pero a protagonista queda atrapada no apartamento e os amigos deciden ir rescatala antes de que saia o último helicóptero. A trama é un pouco como todas as pelis americanas de ciencia ficción coa diferenza de que so temos un punto de vista, o que van gravando os protagonistas coa cámara (que por certo ás veces marea un pouco con tanto meneíllo). A pesar destas críticas teño que dicir que a peli me gustou moito, quizáis porque se note o toque de J. J. Abrams ou porque de vez en cando apetece ver unha peli cunha perspectiva diferente. Iso si, se esperas atopar respostas na película non as hai, cando deixan de gravar, acabouse a peli ;)


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.