O título tíñame un pouco enganado, xa que pensei que era a típica comedia americana, pero non, ó certo é que se nota a influencia británica. En realidade para min tiña que ser “Death at a funeral” xa que a vin en V.O. Recordoume un pouco a “Peter’s friends” no estilo, pero a historia é diferente. O repertorio de personaxes que desfila pola casa é do máis pintoresco e hai algunhas escenas moi divertidas. A verdade é que se pode dicir que o resultado final é unha película amena e bastante divertida (recomendada para ver so ou con compañía
)
Publicado por unfeixedebits