Ágora

2 Decembro 2009

Alejandro Almenábar quixo probar co xénero histórico e o resultado foi notable, pero non sobresaliente, como nos ten acostumados. A película é correcta, está moi ben ambientada, os efectos especiais tamén son correctos, pero sen embargo non destaca especialmente sobre outros títulos do xénero. A trama transcorre en Alexandría onde se disputa unha loita entre relixións da que o cristianismo (como non) sae victorioso. A protagonista é unha matemática, filósofa e astrónoma chamada Hipatia, que goza dunha boa reputación ata que as súas crenzas entran en conflicto cos cristianos. A parte de astronomía na que Hipatia trata de desvelar como funciona o sistema solar non me pareceu que estivese ben resolta. Pareceume que quedou un pouco forzada, a pesar de non desentonar de todo. En fin, é unha película que se pode ver (sobre todo se che gustan as películas deste xénero) e ainda por riba aprendes un pouco de historia moi ben ilustrada.


Siete Almas

29 Xullo 2009

sietealmasNon é que vexa películas con moita frecuencia, pero dame a sensación de que cada vez é máis difícil atopar guións diferentes e orixinais. En Siete Almas, atopamos unha trama un pouco diferente interpretada por un Will Smith que recorda un pouco ao seu papel en En busca de la felicidad. Todo comeza un pouco confuso pero a medida que transcorre a película vas encaixando pezas ata chegar a entendelo todo. Se teño que criticar algo, debo dicir que quizáis é excesivamenteo confuso todo ao principio e demasiado claro todo ao final. De feito o final ten esa tendencia Hollywoodiense a que non quede ningunha dúbida de nada. Eu, particularmente, terminaría a película cando soa o busca da protagonista invitando á reflexión. Con todo é unha película que me gustou bastante.


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.