Curiosa película producida por Tim Burton e Timur Bekmambetov. Trátase dunha peli de animación, cuns personaxes enanos medio de trapo, medio robóticos que teñen o inconfundible selo de Burton. A historia comeza despois de que as máquinas se apoderaran da terra e que esta quedara practicamente aniquilada e sen existencia humana. Pero o impulsor das máquinas que se sublevaron (contra a súa vontade) conseguiu crear unha serie numerada de trapo-robots antes de morrer coa intención de que puideran de algunha forma salvar o mundo. En concreto cando revive o número 9 comeza a búsqueda de respostas e atopa algúns compañeiros que lle axudan a conseguir resolver o misterio que xira en torno as máquinas asesinas que aínda sobreviven. Os escenarios e personaxes son do máis pintoresco, e a película é entretida, aínda que quizáis o argumento non está todo o elaborado que debera.
Número 9
13 Xuño 2010Bienvenidos al norte
27 Agosto 2009
Quedei gratamente sorprendido con esta película. Non sabía moi ben de que ía e gustoume moito. Trátase dunha comedia francesa desenfadada na que o protagonista é trasladado ao norte para ser director dunha sucursal de correos. O norte ten moi mala sona con tópicos como que ten unha lingua (dialecto do francés) que ninguén entende, que a xente é un pouco retrasada e vive na edade media ou que sempre fai frío. A muller do protagonista, coñecedora da reputación do norte, deixa so ao marido nesta aventura véndose cada 15 días. Pero sen embargo o norte non é o que din del. A xente é moi amable, os lugares teñen moito encanto, o frío non é tal… Así que o protagonista enseguida se acomoda e se sinte arroupado polos compañeiros da oficina, sobre todo dun do que se fai amigo íntimo. A película conta escenas cotidianas nun tono moi divertido e realmente engancha desde o principio. O que si tiven que cambiar a versión orixinal no medio da película, porque teñen moitas coñas co idioma (francés tradicional vs. dialecto do norte). A pena é non saber francés para pillar mellor os chistes. Con todo é unha película que realmente vale a pena ver.
Siete Almas
29 Xullo 2009
Non é que vexa películas con moita frecuencia, pero dame a sensación de que cada vez é máis difícil atopar guións diferentes e orixinais. En Siete Almas, atopamos unha trama un pouco diferente interpretada por un Will Smith que recorda un pouco ao seu papel en En busca de la felicidad. Todo comeza un pouco confuso pero a medida que transcorre a película vas encaixando pezas ata chegar a entendelo todo. Se teño que criticar algo, debo dicir que quizáis é excesivamenteo confuso todo ao principio e demasiado claro todo ao final. De feito o final ten esa tendencia Hollywoodiense a que non quede ningunha dúbida de nada. Eu, particularmente, terminaría a película cando soa o busca da protagonista invitando á reflexión. Con todo é unha película que me gustou bastante.
Indiana Jones y el Reino de la Calavera de Cristal
16 Marzo 2009
Bueno, que podo dicir deste intento de recuperación do mito? Pois que non é o mesmo. Que está moi ben feita, e segue unha historia coma as de antes (bueno salvando a parte de extraterrestres), pero non é o mesmo. A cuestión é que pretender que Harrison Ford sexa o protagonista e que se mova como se tivese 20 anos non acaba de cuajar. E o resultado pois é un pouco patético, e estás toda a película pendente de que o probre home non se disloque un ombro cos tantos excesos. O mellor: a incombustible melodía, chan cha chán chan, chan cha cháaan…
Wanted
16 Febreiro 2009
Gustoume. A verdade é que as pelis de acción gústanme, e se están ben feitas e derrochan efectos especiais, mellor aínda. Pero non sempre atopas un argumento aceptable (léase Transformers). Neste caso sí que temos un bo argumento (e non, non me refiro a Angelina Jolie), de modo que o resultado final é unha boa película, sobre todo con ese final que ten que escapa un pouco do final típico das películas hollywoodienses. A fantasmada de turno: facer disparos con efecto. Sen embargo está moi ben integrada na peli e realmente é impactante. En resumo, se es amigo das pelis de acción, tes que ver esta.
Kung Fu Panda
16 Febreiro 2009
Despois do fiasco de Space Chimps e Horton que foron demasiado “light” (supoño que se botaba de menos un pouco de humor de “adultos” ao que nos teñen acostumbrados outras productoras), por fin unha peli de animación que vale a pena. E é que o selo de Dreamworks nótase na calidade final. Conste que non está a altura de outros títulos que si me gustaron moito, pero é unha película divertida e moi ben feita, cun argumento aceptable, aínda que non demasiado orixinal. Houbo unha cousa que me chamou especialmente a atención e é que moitos movementos do Panda me recordaban a Mr. Fantástico (Los Increíbles) a pesar de ser da competencia. Supoño que reciclarán técnicas…
El caballero oscuro
10 Febreiro 2009
Unha nova entrega de Batman, pero diferente. A verdade é que se nota unha certa “seriedade” nas últimas películas de Batman, nesta quizáis ven un pouco máis marcada pola caracterización de “El Jocker”, que nunca foi tan “realista”. A película está moi ben feita, ten uns efectos especiais que non decepcionan e un argumento correcto. Pero houbo dúas cousas que vin fora de lugar, unha a actriz principal que non me pareceu a típica “guapísima-chica-de-la-peli”, e a segunda esa forma de mezclar historias nunha especie de 2-en-1 (Jocker e 2 caras). Con todo, é unha peli que vale a pena ver se es amigo da ciencia ficción.
Monstruoso
16 Xuño 2008
Unha nova película con traducción de título libre, en vez de Cloverfield (campo de tréboles), Monstruoso. A película pretende ser orixinal, polo menos en formato, xa que se trata dunha gravación, cámara en mano, dun dos protagonistas encargado de “documentar” a festa de despedida dun amigo. Pero todo o que acontece esa noite non ten cabida en ningún documental. A illa de Manhattan comeza a ser vítima dun ataque de monstruos (algún experimento xenético faillido?) que obriga ó exercito a intervir e desaloxar a illa. Pero a protagonista queda atrapada no apartamento e os amigos deciden ir rescatala antes de que saia o último helicóptero. A trama é un pouco como todas as pelis americanas de ciencia ficción coa diferenza de que so temos un punto de vista, o que van gravando os protagonistas coa cámara (que por certo ás veces marea un pouco con tanto meneíllo). A pesar destas críticas teño que dicir que a peli me gustou moito, quizáis porque se note o toque de J. J. Abrams ou porque de vez en cando apetece ver unha peli cunha perspectiva diferente. Iso si, se esperas atopar respostas na película non as hai, cando deixan de gravar, acabouse a peli
Soy Leyenda
23 Maio 2008
Non o podo evitar, este tipo de películas nos que ocorre algún cataclismo (neste caso un virus) e so sobreviven uns poucos encántame. Esta en particular non estivo mal. Non é que sexa unha grande película, pero pódese ver ben. Will Smith cumple co seu papel e a pesar que durante case toda a peli el é o único actor, non chega a facerse pesada. E por certo que me encanta o detalle do can, que sexa un dos protagonistas. Segundo me comentou un amigo que leu o libro, a peli non é moi fiel a el no final. Pero bueno, sabendo que a peli é americana é que os finais teñen que ser como teñen que ser, non me queixo do final desta.
A triloxía de Bourne
27 Abril 2008Non quería deixar pasar a ocasión de comentar esta triloxía de acción que puiden ver de forma máis ou menos consecutiva. El caso Bourne empeza cun argumento que engancha, unha historia que recorda un pouco a Desfío Total, no sentido de que o personaxe principal trata de averiguar quen é e todo o rodea a súa persona. Penso que sempre é complicado manter unha liña constante cando se trata de segundas e terceiras partes (véxase Matrix), pero neste caso conseguiron non baixar demasiado o nivel.

Na segunda (El mito de Bourne), penso que debían explotar un pouco máis á compañeira de Bourne, pero bueno. E quizáis e última, El ultimátum de Bourne sexa a máis “fantasma”, pero bueno, imaxino que tiñan que sacar espectacularidade de algún lado unha vez que a trama xa estaba bastante masticada. Hai unha cousa que me gusta moito da triloxía e é a cantidade de países que se mostran, xa que se fai un percorrido turístico por moitas cidades europeas permitindo vislumbrar algo da súa cultura. Foi rodada nada menos que en sete países e 3 continentes, desde Londres a Nueva York, pasando por París, Madrid, Zurich, Tánxer, Moscú, Italia… (fíxome graza ver imaxes dunha persecución polas rúas de París onde aparecía o piso onde estiveramos de vacacións). Penso que é unha triloxía de acción non típica que non decepciona.
Publicado por unfeixedebits