
Splinter Cell: Double Agent
Despois de Splinter Cell: Chaos Theory e o seu magnífico xogo cooperativo con movementos específicos, pensaba que a nova entrega da saga ía continuar na mesma liña. Pero non podía estar máis equivocado, o modo multixogador pódese considerar un xogo distinto: distintos personaxes, distintos movementos, distintos obxectivos… Limítase a ter que acceder a uns servidores sen ser visto, aínda que tamén podes xogar a defender como soldado. Francamente pareceume moi aburrido. Sen embargo en modo campaña individual a cousa pinta de outro color. Sam vese involucrado nunha historia máis complicada que nunca. Primeiro na prisión onde tes que tratar de escapar “a lo Prison Break” axundando a un delincuente que che abrirá as portas da organización terrorista na que te tes que infiltrar.

Despois, tomando como referencia a base da organización, tes que ir superando unha serie de probas e encargos como infiltrado sen ser descuberto. Viaxas a diferentes lugares onde tes que cumplir coas misións encomendadas pola organización terrorista, sempre tendo en conta as ordes do teu xefe real.

Os mapas están moi ben recreados e pasan por barcos, neve, calles dunha cidade en guerra… Tamén hai novos movementos nos que podes agarrar aos inimigos cando estás debaixo deles nun balcón e tiralos abaixo. Quizáis unha diferenza que hai co anterior título é que non tes que ser necesariamente tan sixiloso e avanzas un pouco máis rápido, de modo que o xogo dura menos. E como novidade hai diferentes puntos nos que tes que tomar decisións que ou ben baixan a confianza dos terroristas ou do teu xefe, algo no que te tes que fixar durante todo o xogo, pois debes ter a ambos contentos. Algunhas desas decisións afectan ademáis á trama posterior do xogo.

O final do xogo deixa entrever que a saga continuará e espero que melloren os moitos fallos que tiveron en este, como o modo cooperativo ou distintos bugs durante o xogo que nin o último parche solventou.
Publicado por unfeixedebits 

