Ender el Xenocida

16 Maio 2009

enderelxenocidaTerceira entrega da Saga de Orson Scott Card. Como soe ocorrer, despois de dúas entregas (El juego de Ender e La voz de los muertos), a historia vai perdendo un pouco de forza, pero segue enganchando coma a primeira. E é que Ender el Xenocida, continúa exactamente onde termina a historia anterior. Pero nesta ocasión entra en escena un novo mundo “El Sendero”, que basea a súa existencia nos desexos dos Deuses que elixen entre a poboación a “agraciados” aos que se lles dota do “don” de poder falar con eles para guialos. A trama segue xirando en torno a Lusitania, ameazada polo Congreso que dirixe os 100 mundos por entrar en contacto coa especie nativa (os Pequeninos) alterando a súa evolución normal. O planeta decide illarse do resto dos mundos cortando toda comunicación filótica, pero as cousas empeoran cando algúns agraciados de El Sendero descubren a verdade sobre Ender e Lusitania. Ademáis descóbrese que o virus da descolada co que convivían no planeta parece ter intelixencia e altera xenéticamente o seu entorno para adaptalo as súas necesidades. Jane segue en escena, fiel a Ender que finalmente consegue resucitar á Reina Colmena en Lusitania. Pouco a pouco se van aclarando todas esas lagunas que viñan das anteriores entregas e se despexan as incógnitas de todas as especies que conviven en Lusitania. Quizáis contra o final Scott Card se pasa un pouco de rosca recuperando personaxes do “pasado”, pero así e todo a saga non perde consistencia e paga a pena seguila.


El juego de Ender

18 Xaneiro 2009

El juego de Ender¡Pedazo de libro! Recomendáronmo e a verdade é que me encantou. Parece ser que o autor, Orson Scott Card, despois do éxito obtido, escribiu toda unha saga que por suposto espero poder ler. A historia está ambientada nun futuro no que a humanidade está atemorizada polos denominados insectores, unha raza de insectos intelixentes que atacaron a Terra en varias ocasións, afortunadamente sen éxito. Os gobernos son conscientes do potencial desta raza inimiga e por iso tratan de estar preparados para un novo ataque. Así, Ender, é elixido para ser o comandante das tropas terrícolas. Ender é un neno de 6 anos, o menor de 3 irmáns, e por tanto mal visto nunha sociedade na que se limita o número de fillos para evitar superpoboación. Pero Ender, o terceiro,  é o último intento de conseguir un comandante perfecto. Ao igual que os seus irmáns, foi concibido coma un xenio con ese fin, pero a diferencia deles, Ender ten o grao xusto de bondade é violencia, o primeiro moi presente na súa querida irmá Valentine e o segundo no seu odiado irmán Peter co que sempre se levou mal. Ender é levado primeiro á Escola de Batalla onde se formará a base de loitas de batallóns formadas por nenos elixidos como el. Pero a pesar da presión á que está sometida, Ender consegue destacar por riba de todos alcanzando a Escola de Alto Mando en tempo record. Esta escola é a proba final antes de poder dirixir as tropas terrícolas cara á victoria e por iso a presión é máis forte que nunca. Entrementres, Valentine e Peter conseguen facerse pasar por adultos ocultando as súas identidades e acadan gran recoñecemento nar Redes sociais, conseguindo posicionarse estratéxicamente para chegar ao poder cando a guerra cos insectores acabe e evitar así unha guerra mundial.  A novela engancha desde o primeiro momento e a pesar de ter como protagonistas nenos, enseguida te das conta de que son nenos moi especiais aos que lles acabas collendo cariño. Desde logo “El Juego de Ender” é un libro de obrigada lectura se che gusta a ciencia ficción. Había un proxecto da Warner para facer a película, pero parece ser que todo quedou en nada, principalmente porque os protagonistas son nenos aos que se lles inculca a arte da guerra…