Pois non hai moito decidinme a probar o famoso e a verdade é que está simpático. A súa principal vantaxe é que non é necesario instalar ningún programa no ordenador como sucede co famoso Second Life, tan so co navegador e os plugins adecuados (Shockwave), xa podemos entrar. Ó principio tes que caracterizar o teu personaxe entre varias opcións posibles (limitadas) tanto físicas como de roupa e complementos. Despois xa podes entrar na túa habitación (practicamente baleira ó principio) ou ir a zonas comúns para reunirte con máis xente e chatear con eles.
Os gráficos son isométricos, do estilo dos videoxogos dos anos 80, pero non por iso perde encanto, xa que a cantidade de usuarios que o utilizan é tremenda. Podes interactuar cos obxectos que atopas no escenario (sentarte, beber e comer cousas, bailar…) e ademáis cada certo tempo che reagalan un obxecto para decorar a túa habitación e créditos para acceder a determinadas áreas e servizos. O rexistro é gratuito, pero se decidimos adquirir créditos, estos nos servirán para comprar mobles, entradas para batallas de neve, concertos,… Podemos crear ademáis salas para compartir con amigos, con acceso libre ou privado e levar obxectos da nosa habitación para aí. Ó resultado final é un chat visual no que podes interactuar co entorno, unha filosofía similar a Second Life, pero sen 3D e moito máis ameno. De feito o de Second Life faime un pouco de graza, porque en realidade ese tipo de aplicacións levan existindo deste tempos inmemoriables (nos inicios de Internet). Recordo perfectamente o alucinado que me quedei cos Active Worlds nos meus comezos e aínda seguen existindo, de feito serviu sen dúbida de modelo para Second Life (e particularmente prefiro o primeiro, aínda que non é tan popular).

Publicado por unfeixedebits
Publicado por unfeixedebits