El clan del oso cavernario

2 Abril 2010

El clan del oso cavernario é a primeira entrega da saga Los hijos de la tierra da escritora norteamericana Jean M. Auel. O libro está ambientado na época paleolítica e céntrase nun clan de homes do Neandertal que veneran ao Oso Cavernario como o seu máximo “Deus”. Cando o clan se encontra en plena búsqueda dunha nova cova tras un catastrófico terremoto, atopan a unha nena perdida e moribunda totalmente diferente a eles. Trátase de Ayla, unha nena Cro-magnon, con anos de evolución sobre a xente do clan que quedou orfa tras o terremoto. O clan recibe sinais dos espíritus e finalmente decide adoptala, algo que lles trae sorte, posto que gracias a ela atopan a unha nova cova na que quedarse despois dun largo percorrido. A nena vaise facendo maior e pouco a pouco vai perdendo as súas habilidades evolucionadas para adaptarse á linguaxe e cultura do clan. Como a que se encarga de criala, Iza, é a curandera do clan, Ayla acaba aprendiendo el oficio (dun gran prestixio). Tamén inflúe na súa educación o Mog-ur (Mago) do clan, Creb, que lle colle moito cariño e acaba por considerala como a filla que nunca tivo. A medida que pasan os anos, as diferenzas entre a rapaza e as persoas do clan acentúanse: é loira, máis alta, máis esbelta, pero acaban por aceptala como unha máis do clan… So hai unha persoa que non pode soportar a Ayla e lle fai a vida imposible, que é Broud, o fillo da compañeira do xefe Brun.

A historia describe con moitísimo detalle como era a vida do clan e todos os seus costumes. A labor de documentación da autora é realmente admirable, consegue transmitir moi ben ao lector a vida desa era e a mestura de razas é moi orixinal. Chamáronme a atención algúns detalles como que todo xira en torno aos espíritus e aos tótems que se lles asignan aos membros do clan pouco despois de nacer, que lles asignaran a estes a concepción dun bebé en lugar de relacionalo co desafogo de “necesidades” dos homes coas mulleres, que tivesen un dominio tan grande das plantas medicinais…

En resumo, trátase dun libro no que a pesar de que a temática pode non parecer atractiva a priori, realmente engancha e trasládate a unha era onde os nosos antepasados loitaban de forma moi enxeñosa pola supervivencia. Alégrome de que sexa unha saga, porque apetéceme moito seguir lendo esta historia.


El juego del ángel

16 Febreiro 2010

Despois de La sombra del viento Carlos Ruiz Zafón volve sorprender con “El juego del ángel”, novela que continúa coa saga, pero esta vez para contarnos a historia de Barcelona uns anos antes que a outra. O autor fixo os deberes e atoparemos innumerables referencias e vínculos entre este e a anterior novela. O protagonista é David Martín, un escritor cun duro pasado que consegue abrirse camiño con novelas policiacas “comerciais”. Ata que coñece a Andreas Cornelli, un misterioso editor que lle encarga unha extraña novela de carácter relixioso que David non pode rexeitar para tratar de mellorar a súa situación económica, física e mental. E é que a muller que sempre amou David, Cristina Sagnier, acaba por casarse obrigada co seu protector e mellor amigo, o ilustre Pablo Vidal. Novamente misterios, intrigas e un desenlace que invita á reflexión. E é que o estilo de Zafón deixa pegada.


Millennium 3: La reina en el palacio de las corrientes de aire

13 Xaneiro 2010

A historia continúa exactamente no punto no que quedou o libro anterior da saga. A verdade é que parece que se fixeron dous volumes polo elevado número de páxinas, porque estes dous últimos títulos poderían ser un único libro perfectamente. Esta parte do libro céntrase máis na vida de Lisbeth Salander, por fin descubriremos o seu segredo pasado e “todo o malo”. Mikael segue volcado en axudar a Lisbeth que se ten que enfrontar a un xuicio e ponna nas mans da súa irmá avogada. A trama volve complicarse cando se descubre que a policía segreda sueca ten unha división un tanto “especial” que vai un pouco ao marxe seguindo a política de que o fin xustifica os medios. Pouco a pouco todo se vai desenredando e unha vez máis a pericia de Lisbeth como hacker, constitúe un punto clave no desenlace da historia.

As películas

Vin Millennium 1 en DVD (que dura case 2 horas e media) e bueno, hai que recoñecer que sigue bastante fielmente o libro, pero evidentemente non é o mesmo. As personaxes non son para nada como as imaxinaba físicamente (sobre todo Erika, que non está nada favorecida). Tamén omitiron a fama de “mujeriego” que tiña Mikael, algo fundamental no libro e que non se reflexa na película. O demáis podemos dicir que está máis que correcto, sobre todo porque se nota que non é película yanki o cal é de agradecer.

Actualizado 11/04/2010:

En canto a Millenium 2 (en DVD) pois non sei moi ben que dicir. A verdade é que é bastante fiel ao libro (cos recortes oportunos propios da gran pantalla), pero non consegue ter o ritmo da primeira película. Creo que non souberon transmitir a acción todo o ben que deberían (porque acción haber hai) e o resultado é que a película acaba sendo moi parada. Para quen leu o libro, pois fai gracia ir recordando as distintas escenas, pero para que non o leu a película resulta bastante soporífera. Esperemos que aprendan e na terceira entrega fagan os deberes.


Millennium 2: La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina

4 Decembro 2009

Nesta segunda entrega, e despois do escándalo do caso Wennerström, a historia comeza con Lisbeth Salander, que tras un longo periodo de vacacións polo mundo volve  a Suecia e sen querer acaba por verse involucrada nun triple asasinato. Así, esta vez a trama céntrase sobre todo na vida de Lisbeth, que está en busca e captura. Mikael Blomkvist, que é das poucas persoas que cren na súa inocencia, comeza unha investigación que lle desvelará os segredos máis íntimos e sorprendentes dela. Novamente o autor engancha desde o principio facendo que o libro se quede corto, sobre todo ao final. Pero afortunadamente queda un terceiro e último título… Creo que esperarei a ter leídos todos os libros antes de ver as pelis. Xa se sabe que as películas sempre distorsionan un pouco a imaxe que te fas cando les, de modo que mellor non estar condicionado pola visión dun director ata rematar a triloxía.


Millennium 1: Los Hombres que no Amaban a las Mujeres

15 Novembro 2009

Los hombres que no amaban a las mujeresUn libro dos que me gustan. Posto que o protagonista, Mikael Blomkvist é un periodista de economía que trata de sacar os trapos suxos de empresas mediante artigos publicados a través da (súa) revista especializada Millenium, podía parecer que se trataba dun libro excesivamente ubicado dentro do ámbito económico. Pero o certo é que non é así, de feito a protagonista nun principio nada ten que ver coa economía. Trátase dunha rapaza nova inimiga da sociedade, á que lle asignaron un tutor/administrador por ser aparentemente incapaz de poñer orde na súa vida. Pero Lisbeth Salander, que así se chama, non ten nin un pelo de tonta. De feito é unha das hackers máis notables de toda Suecia e gracias as súas habilidades é quen de averiguar calquera cousa de quen sexa nun abrir e pechar de ollos. Os seus camiños se atopan cando Mikael recibe un encargo dun anciano empresario (Henry Vagner) que leva a metade da súa vida tratando de resolver a misteriosa desaparición dun membro da súa familia. Esta misión traslada a Mikael a Hedestad, o pobo onde ocorreron os feitos e máis adiante úneselle Lisbeth como reforzo, gracias ao seu traballo nunha importante empresa de seguridade. A misión é certamente complexa e entre os protagonistas xurde unha historia de amor imposible mentres van resolvendo pouco a pouco o grande misterio da familia Vagner. Stieg  Larsson ten un estilo fresco e natural que engancha desde o primeiro momento. A triloxía promete ser unha saga das de lectura obrigatoria. De feito xa conta coa súa versión cinematográfica.


La sombra del viento

19 Xuño 2009

La sobra del vientoMira que non coñecelo ata agora. Un clásico de Carlos Ruiz Zafón como éste hai que lelo está claro. E a verdade non decepciona. Cando me falaron del non sabía moi ben que me ía atopar e a verdade é que me gustou moito. A trama está ambientada nunha Barcelona dos anos 50 e as anotacións históricas do autor conseguen que te sumerxas naquela época perfectamente. Trátase dunha historia entrelazada entre familias humildes e adiñeiradas, fillos ilexítimos, amores imposibles e sobre todo… intriga. Todo xira en torno a un escritor Julián Carax e da historia da súa vida que un rapaz, Daniel Sampere, intenta averiguar despois de quedar maravillado cunha das súas obras en perigo de extinción. O argumento está moi ben pensado e engancha desde o primeiro momento. Quizáis o único defecto é que ao final se resolven todos os misterios  moi de repente e non sempre de forma coherente, pero é algo que non afecta ao sabor final que deixa o libro. Moi recomendado.


La voz de los muertos

24 Febreiro 2009

lavozdelosmuertosA saga continúa. Esta segunda entrega de Orson Scott Card continúa a historia desde onde quedou en El juego de Ender. A primeira parte do libro é un pouco densa pola grande cantidade de información (varias linguas, moitos nomes…), pero pouco a pouco o libro vai collendo ritmo e acaba por enganchar igual que o fixo o primeiro. A verdade é que o estilo do autor gústame moito, sabe como describir as escenas e darlles ese punto que consegue emocionarte nos momentos que hai que facelo. A historia fala da expansión da raza humana trala aniquilación dos Insectores. Así as colonias de humanos se reparten en 100 mundos e nun deles, Lusitania, aparece unha nova especie, os Pequeninos. Esta raza semella ser intelixente e os humanos conseguen contactar con eles, pero deciden estudialos sen interferir na súa evolución, algo que non sempre é posible. Esta nova raza, a pesar de estar menos evolucionada, consegue ensinarlle aos humanos unha serie de valores, moitos deles conflictivos. As circunstancias que rodean esta convivencia de razas en Lusitania leva a Ender, o portavoz dos mortos, a viaxar a ese planeta onde atopará unhas condicións óptimas para revivir á Reina Colmena. Pero o camiño non é doado, a pesar de contar coa axuda de Jane (encántame ese ente). Despois de ler este libro teño moi claro que vou continuar co seguinte.


El juego de Ender

18 Xaneiro 2009

El juego de Ender¡Pedazo de libro! Recomendáronmo e a verdade é que me encantou. Parece ser que o autor, Orson Scott Card, despois do éxito obtido, escribiu toda unha saga que por suposto espero poder ler. A historia está ambientada nun futuro no que a humanidade está atemorizada polos denominados insectores, unha raza de insectos intelixentes que atacaron a Terra en varias ocasións, afortunadamente sen éxito. Os gobernos son conscientes do potencial desta raza inimiga e por iso tratan de estar preparados para un novo ataque. Así, Ender, é elixido para ser o comandante das tropas terrícolas. Ender é un neno de 6 anos, o menor de 3 irmáns, e por tanto mal visto nunha sociedade na que se limita o número de fillos para evitar superpoboación. Pero Ender, o terceiro,  é o último intento de conseguir un comandante perfecto. Ao igual que os seus irmáns, foi concibido coma un xenio con ese fin, pero a diferencia deles, Ender ten o grao xusto de bondade é violencia, o primeiro moi presente na súa querida irmá Valentine e o segundo no seu odiado irmán Peter co que sempre se levou mal. Ender é levado primeiro á Escola de Batalla onde se formará a base de loitas de batallóns formadas por nenos elixidos como el. Pero a pesar da presión á que está sometida, Ender consegue destacar por riba de todos alcanzando a Escola de Alto Mando en tempo record. Esta escola é a proba final antes de poder dirixir as tropas terrícolas cara á victoria e por iso a presión é máis forte que nunca. Entrementres, Valentine e Peter conseguen facerse pasar por adultos ocultando as súas identidades e acadan gran recoñecemento nar Redes sociais, conseguindo posicionarse estratéxicamente para chegar ao poder cando a guerra cos insectores acabe e evitar así unha guerra mundial.  A novela engancha desde o primeiro momento e a pesar de ter como protagonistas nenos, enseguida te das conta de que son nenos moi especiais aos que lles acabas collendo cariño. Desde logo “El Juego de Ender” é un libro de obrigada lectura se che gusta a ciencia ficción. Había un proxecto da Warner para facer a película, pero parece ser que todo quedou en nada, principalmente porque os protagonistas son nenos aos que se lles inculca a arte da guerra…


El fugitivo (The running man)

2 Novembro 2008

Bueno, pois xa rematei outro libro máis. A verdade é que me gustou moito. “El fugitivo” (título original: The running man) é unha das mellores novelas Stephen King que escribiu baixo o seudónimo de Richard Bachman. Está ambientada nun futuro contaminado onde existe unha grande diferencia social. Os barrios pobres apenas gañan para sobrevivir e unha das poucas saídas que teñen é participar en concursos de Libre-Visión, a televisión que entretén as clases altas a costa do sufrimento dos pobres. O  protagonista, Ben Richards decide participar para poder salvar a súa filla enferma, e consigue ser elexido para o concurso estrela: El Fugitivo. O obxectivo do concurso é conseguir escapar durante un mes embolsando cartos por cada día transcorrido. O premio final é millonario, pero o risco moi grande, xa que existe un equipo de cazadores con ordes de matar que lle van seguindo a pista moi de cerca. Ademáis a dirección do concurso distorsiona a realidade para que toda a poboación colabore para atrapalo (incluso dando xenerosas recompensas) e iso, sumado á obrigación do protagonista a ter que enviar unha gravación de vídeo todos os días, dificulta enormamente a fuxida. A novela ten moito ritmo e a verdade é que engancha desde o principio. Quizáis o final empaña un pouco a obra, xa que podía ser resolto dunha forma menos “a la americana”. Aínda así doulle unha puntuación moi alta. Recomendadísimo.

E por certo que existe unha adaptación cinematográfica moi pouco fiel ao libro rotagonizada por Arnold Schwarzenegger titulada “Perseguido” de 1987. Creo recordar que a pesar de non seguir moito o libro, a peli non estaba al de todo (tendo en conta a relativa antigüidade).


Ensaio sobre a lucidez

3 Xullo 2008

Ensaio sobre a lucidezEstou deixando pasar o tempo sen acordarme de comentar o último libro que acabei de ler. O título enseguida incita a pensar en “Ensaio sobre a cegueira“, pero cando empezas a lelo e ves que fala sobre un proceso electoral, describindo os distintos partidos políticos, a cousa non pinta moi ben. A dicir verdade ata se fai un pouco pesado. Pero continuar lendo ten premio, e dos gordos… En primeiro lugar sucede algo inverosímil, unha maioría aplastante dos votos da capital son en branco, así que deciden repetir as eleccións, aínda que obtendo exactamente o mesmo resultado. Enfadado, o goberno decide sitiar a cidade por medo a que se estenda esa especie de “virus”, así que a castigada poboación queda o seu libre albedrío, sen ningún tipo de autoridade que os controle. Pero curiosamente a vida segue o seu curso con total normalidade… ata que o goberno decide “escarmentalos” facendo algunhas actuacións indecentes para que reine o caos sen chegar a conseguilo. Ata aí un libro que incita á reflexión sobre a solidez do sistema democrático, pero a partir da metade do libro, descúbrese que estas eleccións teñen lugar 4 anos despois do acontecido en “Ensaio sobre a cegueira“. Parece ser que despois daquel suceso tan tráxico houbo un silencio total por parte de todos os afectados, que preferiron olvidar canto antes a desagradable experiencia. Pero o goberno entérase de que naqueles días houbo unha muller que non quedara cega e deciden investigala por temor a que estea relacionada de algunha maneira co voto en branco colectivo. É entón cando te vas enterando do que aconteceu despois do primeiro libro e empezas a relacionalo todo. A conclusión é que finalmente “Ensaio sobre a lucidez” convértese nunha especie de prólogo de “Ensaio sobre a cequeira” que vale a pena ler se che gustou moito (como a min). Iso si, non hai que olvidar que o libro ten un estilo de ensaio, con moitas partes nas que se lle dan voltas e voltas as cousas, ainda que co peculiar selo do maestro Saramago…


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.