Ender el Xenocida

16 Maio 2009

enderelxenocidaTerceira entrega da Saga de Orson Scott Card. Como soe ocorrer, despois de dúas entregas (El juego de Ender e La voz de los muertos), a historia vai perdendo un pouco de forza, pero segue enganchando coma a primeira. E é que Ender el Xenocida, continúa exactamente onde termina a historia anterior. Pero nesta ocasión entra en escena un novo mundo “El Sendero”, que basea a súa existencia nos desexos dos Deuses que elixen entre a poboación a “agraciados” aos que se lles dota do “don” de poder falar con eles para guialos. A trama segue xirando en torno a Lusitania, ameazada polo Congreso que dirixe os 100 mundos por entrar en contacto coa especie nativa (os Pequeninos) alterando a súa evolución normal. O planeta decide illarse do resto dos mundos cortando toda comunicación filótica, pero as cousas empeoran cando algúns agraciados de El Sendero descubren a verdade sobre Ender e Lusitania. Ademáis descóbrese que o virus da descolada co que convivían no planeta parece ter intelixencia e altera xenéticamente o seu entorno para adaptalo as súas necesidades. Jane segue en escena, fiel a Ender que finalmente consegue resucitar á Reina Colmena en Lusitania. Pouco a pouco se van aclarando todas esas lagunas que viñan das anteriores entregas e se despexan as incógnitas de todas as especies que conviven en Lusitania. Quizáis contra o final Scott Card se pasa un pouco de rosca recuperando personaxes do “pasado”, pero así e todo a saga non perde consistencia e paga a pena seguila.


La voz de los muertos

24 Febreiro 2009

lavozdelosmuertosA saga continúa. Esta segunda entrega de Orson Scott Card continúa a historia desde onde quedou en El juego de Ender. A primeira parte do libro é un pouco densa pola grande cantidade de información (varias linguas, moitos nomes…), pero pouco a pouco o libro vai collendo ritmo e acaba por enganchar igual que o fixo o primeiro. A verdade é que o estilo do autor gústame moito, sabe como describir as escenas e darlles ese punto que consegue emocionarte nos momentos que hai que facelo. A historia fala da expansión da raza humana trala aniquilación dos Insectores. Así as colonias de humanos se reparten en 100 mundos e nun deles, Lusitania, aparece unha nova especie, os Pequeninos. Esta raza semella ser intelixente e os humanos conseguen contactar con eles, pero deciden estudialos sen interferir na súa evolución, algo que non sempre é posible. Esta nova raza, a pesar de estar menos evolucionada, consegue ensinarlle aos humanos unha serie de valores, moitos deles conflictivos. As circunstancias que rodean esta convivencia de razas en Lusitania leva a Ender, o portavoz dos mortos, a viaxar a ese planeta onde atopará unhas condicións óptimas para revivir á Reina Colmena. Pero o camiño non é doado, a pesar de contar coa axuda de Jane (encántame ese ente). Despois de ler este libro teño moi claro que vou continuar co seguinte.


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.