Pois si, por moi friki que pareza, encántame ler libros no móbil e aproveitar eses 70 minutos de bus casa-traballo diarios. O meu móbil é un Nokia 6600 de fai unha chea de anos, pero ten o Sistema Operativo Symbian 7, gracias ó cal é posible instalar aplicacións entre as cales está por suposto RepliGo de Cerience, para min un dos mellores visores de documentos para móbil que existe, aínda que tristemente parece que a empresa agora está centrada exclusivamente en Blackberry. A flexibilidade que da o RepliGo á hora de visualizar documentos no móbil é espectacular puidendo axustar as liñas de texto ó ancho da pantalla (zoom flotante), cambiar o tamaño da letra, rotar a pantalla… Ademáis é unha aplicación moi lixeira. Evidentemente fai falla facer unha conversión no PC dos documentos a formato RepliGo, pero o resultado vale a pena. De momento levo lidos os 6 libros de Harry Potter (en inglés e castelán) e varios de Stephen King (a ver se vou comentando por aquí a miña opinión dos que vaia lendo) e o certo é que o tempo me pasa voando e ata hai momentos nos que non quero que chege o bus para non interromper a lectura
.
Entre as vantaxes que lle atopo a ler no móbil están:
- É un cacharro que sempre levas enriba (non tes que cargar libros aparte)
- Sácache dun apuro cando te topas cunha longa espera (co odioso q resulta esperar nas colas)
- Disimula bastante porque parece que estás xogando co móbil (poderían tacharte de moi friki se o descubren
) - Podes ler de noite sen necesidade de luz externa (ainda que chama máis a atención)
- Adícaslle máis tempo a lectura (que parece que cada vez cústanos máis ler)
Eu creo que o tema de ler no móbil está moi pouco explotado… Realmente unha vez que te acostumas e superas o friki-shock que supón facelo, é algo moi cómodo. A ver se se estende…
P/D: Sí, gústame Harry Potter! Que pasa!
Publicado por unfeixedebits