Bravo pola xente de EA! Conseguiron recuperar o espíritu que me enganchou ao Need For Speed. E é que despois de xogar ao Need For Speed Most Wanted, todo sabía a pouco. Se algo funciona, para qué cambialo? Pois esa debeu ser a filosofía deste título que recorda moito ao Most Wanted, na xogabilidade, nas fuxidas da policía, no incremento progresivo de dificultade… Ademáis a trama está moi ben adornada con videos de alta calidade con actores (e actrices) de carne e oso que lle dan moito realismo (aínda que o final da historia é un pouco previsible). Outra cousa que me gustou moito foi o feito de que che manden como “misións” nas que tes que levar coches dun lugar a outro, ou escapar da policía. Isto da a posibilidade de probar coches sen necesidade de gañalos. Hay algúns novos modos de xogo como o de “Batalla en la autopista” ou “Derramaje”, pero a verdade non son gran cousa, quizáis sobraban. O que si me convenceu foi a modalidade que introduciron en certas partes nas que tes que destrozar os coches dos rivais. Realmente bestial. No aspecto negativo hai que comentar que o nivel de dificultade non é demasiado elevado (cheguei ata o nivel 16), creo que unha vez máis por influencia das consolas e ademáis hai moitas partes nas que te deixan “libre” sen saber moi ben que tes que facer para continuar coa historia. Ao final daste conta de que simplemente hai que seguir gañando probas, aínda que podes escoller cales, de modo que acabas evitando as que teñen máis risco (enfrontamentos coa policía que poden provocar multas). Quizáis aí deberan obrigar a superar unha proba de cada tipo ou algo así.

Bueno, con todo é un título recomendadísimo se che gusta sentir a velocidade no teu PC.
Publicado por unfeixedebits 


Publicado por unfeixedebits