Quedei gratamente sorprendido con esta película. Non sabía moi ben de que ía e gustoume moito. Trátase dunha comedia francesa desenfadada na que o protagonista é trasladado ao norte para ser director dunha sucursal de correos. O norte ten moi mala sona con tópicos como que ten unha lingua (dialecto do francés) que ninguén entende, que a xente é un pouco retrasada e vive na edade media ou que sempre fai frío. A muller do protagonista, coñecedora da reputación do norte, deixa so ao marido nesta aventura véndose cada 15 días. Pero sen embargo o norte non é o que din del. A xente é moi amable, os lugares teñen moito encanto, o frío non é tal… Así que o protagonista enseguida se acomoda e se sinte arroupado polos compañeiros da oficina, sobre todo dun do que se fai amigo íntimo. A película conta escenas cotidianas nun tono moi divertido e realmente engancha desde o principio. O que si tiven que cambiar a versión orixinal no medio da película, porque teñen moitas coñas co idioma (francés tradicional vs. dialecto do norte). A pena é non saber francés para pillar mellor os chistes. Con todo é unha película que realmente vale a pena ver.
Bienvenidos al norte
27 Agosto 2009Siete Almas
29 Xullo 2009
Non é que vexa películas con moita frecuencia, pero dame a sensación de que cada vez é máis difícil atopar guións diferentes e orixinais. En Siete Almas, atopamos unha trama un pouco diferente interpretada por un Will Smith que recorda un pouco ao seu papel en En busca de la felicidad. Todo comeza un pouco confuso pero a medida que transcorre a película vas encaixando pezas ata chegar a entendelo todo. Se teño que criticar algo, debo dicir que quizáis é excesivamenteo confuso todo ao principio e demasiado claro todo ao final. De feito o final ten esa tendencia Hollywoodiense a que non quede ningunha dúbida de nada. Eu, particularmente, terminaría a película cando soa o busca da protagonista invitando á reflexión. Con todo é unha película que me gustou bastante.
Gran Torino
26 Abril 2009
A verdade é que non tiña pensado vela, pero como chegamos tarde ao cine e era das poucas que se podían ver, fixemos caso das boas críticas e aventurámonos. E curiosamente sorprendeume. A pesar de contar xa con 77 anos, Clint Eastwood dirixiu e protagonizou unha película que realmente paga a penar ver. A seriedade e “dureza” aparente do seu personaxe (Walt Kowalski) que acaba de quedarse viudo, provoca momentos moi divertidos cando unha adolescente asiática e o seu irmán se fan amigos del. Son veciños e a pesar de todos os prexuicios que poda ter Walt (como ex-veterano da guerra de Corea que é), vaise dando conta pouco a pouco de que aínda pode aprender moito da cultura Hmong. Ah, por certo, Gran Torino é un coche, non o novo nome de Harry el sucio reciclado. A verdade é que sen saber este dato o título da peli bota un pouco para atrás, sobre todo coa portada do cartel. A realidade é moi distinta e as boas críticas son merecidas.
A ciegas
16 Marzo 2009
Tras unha longa espera, por fin puiden ir ver A ciegas ao cine. O libro gustárame moitísimo, e a película, da man de Fernando Meirelles coa supervisión do propio Saramago non tiña mala pinta. Despois de vela podo dicir que é correcta, pero non ten esa forza que ten o libro. Recoñezo que debe ser difícil conseguir transmitir ese sentimento de ceguera aos espectadores, e conste que ten boas ideas, como o dese predominio de cor branco durante toda a película. Pero non é o libro. E é que lóxicamente tiveron que omitir moitas escenas do libro para conseguir o formato de película e iso sempre fai que perda puntos. O que si, gustoume moito a escena do can, lamendo as bágoas da muller como no libro, e a parte da cidade sumida no caos, moi parecida a como a imaxinara. Concluíndo podo dicir que é unha película que segue bastante fielmente o libro e por sorte non caeu en mans Hollywoodienses, de modo que me dou por satisfeito. Iso sí, quitaría a voz do narrador.
Indiana Jones y el Reino de la Calavera de Cristal
16 Marzo 2009
Bueno, que podo dicir deste intento de recuperación do mito? Pois que non é o mesmo. Que está moi ben feita, e segue unha historia coma as de antes (bueno salvando a parte de extraterrestres), pero non é o mesmo. A cuestión é que pretender que Harrison Ford sexa o protagonista e que se mova como se tivese 20 anos non acaba de cuajar. E o resultado pois é un pouco patético, e estás toda a película pendente de que o probre home non se disloque un ombro cos tantos excesos. O mellor: a incombustible melodía, chan cha chán chan, chan cha cháaan…
Wanted
16 Febreiro 2009
Gustoume. A verdade é que as pelis de acción gústanme, e se están ben feitas e derrochan efectos especiais, mellor aínda. Pero non sempre atopas un argumento aceptable (léase Transformers). Neste caso sí que temos un bo argumento (e non, non me refiro a Angelina Jolie), de modo que o resultado final é unha boa película, sobre todo con ese final que ten que escapa un pouco do final típico das películas hollywoodienses. A fantasmada de turno: facer disparos con efecto. Sen embargo está moi ben integrada na peli e realmente é impactante. En resumo, se es amigo das pelis de acción, tes que ver esta.
Kung Fu Panda
16 Febreiro 2009
Despois do fiasco de Space Chimps e Horton que foron demasiado “light” (supoño que se botaba de menos un pouco de humor de “adultos” ao que nos teñen acostumbrados outras productoras), por fin unha peli de animación que vale a pena. E é que o selo de Dreamworks nótase na calidade final. Conste que non está a altura de outros títulos que si me gustaron moito, pero é unha película divertida e moi ben feita, cun argumento aceptable, aínda que non demasiado orixinal. Houbo unha cousa que me chamou especialmente a atención e é que moitos movementos do Panda me recordaban a Mr. Fantástico (Los Increíbles) a pesar de ser da competencia. Supoño que reciclarán técnicas…
El caballero oscuro
10 Febreiro 2009
Unha nova entrega de Batman, pero diferente. A verdade é que se nota unha certa “seriedade” nas últimas películas de Batman, nesta quizáis ven un pouco máis marcada pola caracterización de “El Jocker”, que nunca foi tan “realista”. A película está moi ben feita, ten uns efectos especiais que non decepcionan e un argumento correcto. Pero houbo dúas cousas que vin fora de lugar, unha a actriz principal que non me pareceu a típica “guapísima-chica-de-la-peli”, e a segunda esa forma de mezclar historias nunha especie de 2-en-1 (Jocker e 2 caras). Con todo, é unha peli que vale a pena ver se es amigo da ciencia ficción.
Wall-e
18 Setembro 2008
Gústanme moito as películas infantís feitas por ordenador, recoñézoo. Sobre todo as de Disney Pixar e as de Dreamworks. Wall-e non é unha excepción, pero debo dicir que me pareceu moito menos infantil que as outras. A ver, é unha película que poden ver os nenos perfectamente, pero estou seguro de que non vai ser a súa preferida. E que claro, ese trasfondo que ten, eses paraxes solitarios, esa ausencia de diálogos… danlle un “toque” especial. Non sei, realmente é unha película que enche, das que quedas satisfeito de pagar os cartos no cine
Monstruoso
16 Xuño 2008
Unha nova película con traducción de título libre, en vez de Cloverfield (campo de tréboles), Monstruoso. A película pretende ser orixinal, polo menos en formato, xa que se trata dunha gravación, cámara en mano, dun dos protagonistas encargado de “documentar” a festa de despedida dun amigo. Pero todo o que acontece esa noite non ten cabida en ningún documental. A illa de Manhattan comeza a ser vítima dun ataque de monstruos (algún experimento xenético faillido?) que obriga ó exercito a intervir e desaloxar a illa. Pero a protagonista queda atrapada no apartamento e os amigos deciden ir rescatala antes de que saia o último helicóptero. A trama é un pouco como todas as pelis americanas de ciencia ficción coa diferenza de que so temos un punto de vista, o que van gravando os protagonistas coa cámara (que por certo ás veces marea un pouco con tanto meneíllo). A pesar destas críticas teño que dicir que a peli me gustou moito, quizáis porque se note o toque de J. J. Abrams ou porque de vez en cando apetece ver unha peli cunha perspectiva diferente. Iso si, se esperas atopar respostas na película non as hai, cando deixan de gravar, acabouse a peli
Publicado por unfeixedebits
Publicado por unfeixedebits
Publicado por unfeixedebits