2 Novembro 2008
Bueno, pois xa rematei outro libro máis. A verdade é que me gustou moito. “El fugitivo” (título original: The running man) é unha das mellores novelas Stephen King que escribiu baixo o seudónimo de Richard Bachman. Está ambientada nun futuro contaminado onde existe unha grande diferencia social. Os barrios pobres apenas gañan para sobrevivir e unha das poucas saídas que teñen é participar en concursos de Libre-Visión, a televisión que entretén as clases altas a costa do sufrimento dos pobres. O protagonista, Ben Richards decide participar para poder salvar a súa filla enferma, e consigue ser elexido para o concurso estrela: El Fugitivo. O obxectivo do concurso é conseguir escapar durante un mes embolsando cartos por cada día transcorrido. O premio final é millonario, pero o risco moi grande, xa que existe un equipo de cazadores con ordes de matar que lle van seguindo a pista moi de cerca. Ademáis a dirección do concurso distorsiona a realidade para que toda a poboación colabore para atrapalo (incluso dando xenerosas recompensas) e iso, sumado á obrigación do protagonista a ter que enviar unha gravación de vídeo todos os días, dificulta enormamente a fuxida. A novela ten moito ritmo e a verdade é que engancha desde o principio. Quizáis o final empaña un pouco a obra, xa que podía ser resolto dunha forma menos “a la americana”. Aínda así doulle unha puntuación moi alta. Recomendadísimo.
E por certo que existe unha adaptación cinematográfica moi pouco fiel ao libro rotagonizada por Arnold Schwarzenegger titulada “Perseguido” de 1987. Creo recordar que a pesar de non seguir moito o libro, a peli non estaba al de todo (tendo en conta a relativa antigüidade).
Deixa un comentario » |
Libros | Tagged: acción, Ben Richards, El Fugitivo, futuro, libro, Perseguido, Richard Bachman, Schwarzenegger, stephen king, The running man, thriller |
Ligazón permanente
Publicado por unfeixedebits
5 Maio 2008
Outro libro de Stephen King acabado. A verdade é que enganchan, pero cando les moitos apetece cambiar un pouco de estilo… Este ó principio decepcionoume un pouco, parecía un pouco parado e sen demasiada chicha, pero a medida que ían avanzando os capítulos as cousas púxeronse cada vez máis e máis interesantes. A historia xira en torno a un escritor (Thad) que consegue alcanzar o seu máximo apoxeo baixo o pseudónimo de George Stark escribindo libros dun asasino chamado Alexis Machine onde non se escatima en detalles sobre os seus delitos. Pero alguén descubre que son a mesma persoa Stark e Thad, así que deciden dalo ca coñecer públicamente e celebrar un enterro simbólico por Stark ante os medios. Pouco despois do enterro simulado comeza a haber unha serie de asasinatos de persoas relacionadas con Thad e a súa profesión, ata que empezan a sospeitar de que a invención de Stark cobrou vida en algún momento e está vengándose dos que decidiron acabar con el. Thad, a súa esposa e os 2 xemelgos que teñen están en perigo, aínda que contan coa axuda do sheriff da zona (que non se acaba de crer o que está pasando) e duns animaliños moi singulares presentes durante toda a obra: os gorrións. Ó final temos unha especie de Dr. Jekyll e Mr. Hyde, xa que Stark está máis vinculado a Thad do que se podía imaxinar…
Deixa un comentario » |
Libros | Tagged: alexis machine, george stark, gorriones, la mitad siniestra, libro, stephen king, the dark half |
Ligazón permanente
Publicado por unfeixedebits
11 Marzo 2008

Hoxe acabei de ler (no móbil)
La zona muerta, un libro de Stephen King moi entretido, como case todos os que levo lido del. A verdade é que escribe de tal forma que consegue envolverte por completo coa trama, e esa peculiar forma que ten de describir as cousas consegue engancharte desde o primeiro momento. Este libro en cuestión gustoume bastante, trata dun profesor namorado que ten un accidente moi grave e permanece en coma 5 anos, tralos cales esperta cunha especie de “poderes” que lle permiten ter “premonicións” sobre o que lle vai acontecer as persoas con so tocalas. A historia conta a vida deste personaxe antes e despois da traxedia e todo o que lle supón eses “poderes”, cun final que invita á reflexión. Ten algunhas connotacións políticas americanas dos anos 70 (pouco relevante para min), pero está todo ben entrelazado e non se fai nada aburrido. Recomendado.
2 Comentarios |
Libros | Tagged: book, la zona muerta, libro, stephen king, the death zone |
Ligazón permanente
Publicado por unfeixedebits