13 Xaneiro 2010
A historia continúa exactamente no punto no que quedou o libro anterior da saga. A verdade é que parece que se fixeron dous volumes polo elevado número de páxinas, porque estes dous últimos títulos poderían ser un único libro perfectamente. Esta parte do libro céntrase máis na vida de Lisbeth Salander, por fin descubriremos o seu segredo pasado e “todo o malo”. Mikael segue volcado en axudar a Lisbeth que se ten que enfrontar a un xuicio e ponna nas mans da súa irmá avogada. A trama volve complicarse cando se descubre que a policía segreda sueca ten unha división un tanto “especial” que vai un pouco ao marxe seguindo a política de que o fin xustifica os medios. Pouco a pouco todo se vai desenredando e unha vez máis a pericia de Lisbeth como hacker, constitúe un punto clave no desenlace da historia.
A película
Vin Millennium 1 en DVD (que dura case 2 horas e media) e bueno, hai que recoñecer que sigue bastante fielmente o libro, pero evidentemente non é o mesmo. As personaxes non son para nada como as imaxinaba físicamente (sobre todo Erika, que non está nada favorecida). Tamén omitiron a fama de “mujeriego” que tiña Mikael, algo fundamental no libro e que non se reflexa na película. O demáis podemos dicir que está máis que correcto, sobre todo porque se nota que non é película yanki o cal é de agradecer.
Deixar un comentario » |
Libros | Etiquetas: intriga, libro, Lisbeth Salander, Mikael Blomkvist, millenium, película, Stieg Larsson |
Ligazón permanente
Publicado por unfeixedebits
4 Decembro 2009
Nesta segunda entrega, e despois do escándalo do caso Wennerström, a historia se centra en Lisbeth Salander, que tras un longo periodo de vacacións polo mundo volve a Suecia na que sen querer se ve involucrada nun triple asasinato. A trama esta vez está centrada na vida de Lisbeth, que está en busca e captura, e Mikael Blomkvist, que é das poucas persoas que cren na súa inocencia comeza unha investigación que lle desvelará os segredos máis íntimos e sorprendentes. Novamente o autor engancha desde o principio facendo que o libro se quede corto, sobre todo ao final. Pero afortunadamente queda un terceiro e último título… Creo que esperarei a ter leídos todos os libros antes de ver as pelis. Xa se sabe que as películas sempre distorsionan un pouco a imaxe que te fas cando les, de modo que mellor non estar condicionado pola visión dun director ata rematar a triloxía.
Deixar un comentario » |
Libros | Etiquetas: intriga, libro, Lisbeth Salander, Mikael Blomkvist, millenium, Stieg Larsson |
Ligazón permanente
Publicado por unfeixedebits
15 Novembro 2009
Un libro dos que me gustan. Posto que o protagonista, Mikael Blomkvist é un periodista de economía que trata de sacar os trapos suxos de empresas mediante artigos publicados a través da (súa) revista especializada Millenium, podía parecer que se trataba dun libro excesivamente ubicado dentro do ámbito económico. Pero o certo é que non é así, de feito a protagonista nun principio nada ten que ver coa economía. Trátase dunha rapaza nova inimiga da sociedade, á que lle asignaron un tutor/administrador por ser aparentemente incapaz de poñer orde na súa vida. Pero Lisbeth Salander, que así se chama, non ten nin un pelo de tonta. De feito é unha das hackers máis notables de toda Suecia e gracias as súas habilidades é quen de averiguar calquera cousa de quen sexa nun abrir e pechar de ollos. Os seus camiños se atopan cando Mikael recibe un encargo dun anciano empresario (Henry Vagner) que leva a metade da súa vida tratando de resolver a misteriosa desaparición dun membro da súa familia. Esta misión traslada a Mikael a Hedestad, o pobo onde ocorreron os feitos e máis adiante úneselle Lisbeth como reforzo, gracias ao seu traballo nunha importante empresa de seguridade. A misión é certamente complexa e entre os protagonistas xurde unha historia de amor imposible mentres van resolvendo pouco a pouco o grande misterio da familia Vagner. Stieg Larsson ten un estilo fresco e natural que engancha desde o primeiro momento. A triloxía promete ser unha saga das de lectura obrigatoria. De feito xa conta coa súa versión cinematográfica.
Deixar un comentario » |
Libros | Etiquetas: economía, intriga, libro, Lisbeth Salander, Mikael Blomkvist, millenium, Stieg Larsson |
Ligazón permanente
Publicado por unfeixedebits