El fugitivo (The running man)

2 Novembro 2008

Bueno, pois xa rematei outro libro máis. A verdade é que me gustou moito. “El fugitivo” (título original: The running man) é unha das mellores novelas Stephen King que escribiu baixo o seudónimo de Richard Bachman. Está ambientada nun futuro contaminado onde existe unha grande diferencia social. Os barrios pobres apenas gañan para sobrevivir e unha das poucas saídas que teñen é participar en concursos de Libre-Visión, a televisión que entretén as clases altas a costa do sufrimento dos pobres. O  protagonista, Ben Richards decide participar para poder salvar a súa filla enferma, e consigue ser elexido para o concurso estrela: El Fugitivo. O obxectivo do concurso é conseguir escapar durante un mes embolsando cartos por cada día transcorrido. O premio final é millonario, pero o risco moi grande, xa que existe un equipo de cazadores con ordes de matar que lle van seguindo a pista moi de cerca. Ademáis a dirección do concurso distorsiona a realidade para que toda a poboación colabore para atrapalo (incluso dando xenerosas recompensas) e iso, sumado á obrigación do protagonista a ter que enviar unha gravación de vídeo todos os días, dificulta enormamente a fuxida. A novela ten moito ritmo e a verdade é que engancha desde o principio. Quizáis o final empaña un pouco a obra, xa que podía ser resolto dunha forma menos “a la americana”. Aínda así doulle unha puntuación moi alta. Recomendadísimo.

E por certo que existe unha adaptación cinematográfica moi pouco fiel ao libro rotagonizada por Arnold Schwarzenegger titulada “Perseguido” de 1987. Creo recordar que a pesar de non seguir moito o libro, a peli non estaba al de todo (tendo en conta a relativa antigüidade).


Ases calientes

16 Marzo 2008

Ases CalientesPsé, é unha peli de acción, case das típicas de Hollywood, aínda que cun enfoque un pouco diferente, xa que non queda claro de todo quen é o protagonista, os bos e os malos… Ó final todos andan na procura do mafioso Israel e se dan de tortas cando se xuntan no Casino onde está hospedado. Tiros, sangue, violencia por doquier… É gracioso ver a Mathew Fox, o actor que interpreta Jack en Lost facendo un papel de extra cun look moi peculiar XD e tamén sae guapísima a cantante Alicia Keys. Polo demáis peli entretida sen grandes alicientes…