Siete Almas

29 Xullo 2009

sietealmasNon é que vexa películas con moita frecuencia, pero dame a sensación de que cada vez é máis difícil atopar guións diferentes e orixinais. En Siete Almas, atopamos unha trama un pouco diferente interpretada por un Will Smith que recorda un pouco ao seu papel en En busca de la felicidad. Todo comeza un pouco confuso pero a medida que transcorre a película vas encaixando pezas ata chegar a entendelo todo. Se teño que criticar algo, debo dicir que quizáis é excesivamenteo confuso todo ao principio e demasiado claro todo ao final. De feito o final ten esa tendencia Hollywoodiense a que non quede ningunha dúbida de nada. Eu, particularmente, terminaría a película cando soa o busca da protagonista invitando á reflexión. Con todo é unha película que me gustou bastante.


Soy Leyenda

23 Maio 2008

Soy LeyendaNon o podo evitar, este tipo de películas nos que ocorre algún cataclismo (neste caso un virus) e so sobreviven uns poucos encántame. Esta en particular non estivo mal. Non é que sexa unha grande película, pero pódese ver ben. Will Smith cumple co seu papel e a pesar que durante case toda a peli el é o único actor, non chega a facerse pesada. E por certo que me encanta o detalle do can, que sexa un dos protagonistas. Segundo me comentou un amigo que leu o libro, a peli non é moi fiel a el no final. Pero bueno, sabendo que a peli é americana é que os finais teñen que ser como teñen que ser, non me queixo do final desta.